Curso 2011/12
AS ORDES DO MECOFACHO 2012
Se non queres tropezar as ordes do "Mecofacho" debes acatar.
Orde para o luns:
"Se neste Entroido en forma queres estar,
fai moito deporte e, non esquezas,
unha gorra levar"
Orde para o martes:
"Unha medalla levarás e Olímpic@ serás"
Orde para o mércores:
"Unha camiseta traerás do deporte que ti elixirás"
Orde para o xoves:
"Coa túa imaxinación e un antifaz olímpico...
molarás mogollón"
EN 5 ANOS IMOS A LONDRES 2012
Como ben sabedes este ano estamos a traballar os xogos olímpicos; pero en 5 anos quixemos saber un pouco máis da cidade onde se van a desenvolver. Para empezar deixámosvos unhas fotos dos elementos máis característicos da cidade: un taxi, un autobús e unha cabina de teléfono.
Andando un pouco pola cidade atopámosnos cunha garda real un tanto especial.
Máis adiante encontramos o BIG BEN, cun reloxo fermosísimo.
E visitamos a London Eye
PLANTAS AROMÁTICAS
O venres 13 de xaneiro o alumnado de 1º estivemos no horto. Os nenos e nenas de 5º preparáronnos o bancal.
Plantamos : menta, salvia, romero e lavanda. Fixemos 8 buratos, regamos e logo puxemos as plantas.
Agardamos que medren moito e mentres tanto nós imos investigar sobre plantas aromáticas.
Se pinchades na 1ª imaxe poderedes ver o album completo.
Decorando o noso cole
Aquí teden algúns dos traballos do noso alumnado para estas datas.
EXPOSICIÓN-COLOQUIO SOBRE A ENERXÍA
Na Semana da Ciencia o alumnado de Terceiro Ciclo de Primaria asistimos no noso colexio a unha exposición-coloquio sobre a enerxía, as súas formas, as fontes de enerxía renovables e non renovables, a repercusión que ten o uso irresponsable no cambio climático, que podemos facer cadaquén de nós para evitar o esgotamento dos recursos...
Coa axuda dunhas imaxes preciosas, Alicia foinos explicando cada punto do tema e nós tiñamos que responderlle a unhas preguntas ensinándolle unha ou outra cara dunha ficha que nos dera anteriormente.
Tamén nos permitiu facerlle varias consultas e comentarios.
Ademais de coñecer máis sobre o tema, saímos con moita máis preocupación polo medio ambiente e o seu coidado: máis ecoloxistas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »