LUNS 8

 

Ola de novo, hoxe quero desexarvos bo día cun vídeo de Martín Sotelino, no que nos ensina que nestes días atreveuse a  montar en bici sen rodíns e agora lle sae moi ben, parabéns Martín!!

 

 

Como os foi o fin  de semana? Logo de ver os vídeos que recibín, podo supoñer que xenial. Alégrome!!

 

Xa estamos na recta final do curso, e coma cando estamos no colexio, agora os toca a vos escoller os exercicios que máis os  gustan, algúns xa comezáchedes a mandar vídeos de xogos e actividades que facedes pola vosa conta.

 

Así que a partir de agora o que farei cada día é propoñer as vosas ideas e os xogos, enviádeme correos para compartir cos compañeiros, coma se foran RETOS.  A partir de mañá comezarei a publicalos.

 

Hoxe despídome coas imaxes dos  castelos de cartas que fixéchedes , bo traballo!!