MARTES 2

 

Ola, hoxe que vos desexa bo día é Pablo, que nestes días está aprendendo a montar enbici sen rodíns, moi ben Pablo!!

 

 

 

Xa tedes escollida unha canción para bailar na semana da música??  Se queredes podedes poñervos de acordo con algún compañeir@ e bailar a mesma canción, como faciades no cole.

 

Cando rematedes de ensaiar podedes botar unhas partidas ao tres en raia, pero hoxe en carreira: se necesitan 2 xogadores, 3 fichas cada xogador (pezas de roupa, xoguetes) e 9 aros o similar. Os dous xogadores se colocan na liña de saída onde teñen as 3 fichas, ao sinal de “XA” comezarán a correr cunha ficha, ata os aros que están situados en fronte, a certa distancia, e deixarán a ficha dentro dun aro e volverán correndo o máis rápido posible a por outra ficha e repetimos tentando formar tres en raia. Se non formamos o tres en raia, podemos cambiar as fichas, de unha en unha, pero pasando sempre pola saída primeiro.