VENRES 29

 

Ola, bo día, rematamos a semana e seguimos con moita calor, por iso os exercicios de hoxe van adicados a todos os que poidades refrescaros nunha piscina, son xogos que seguro xa coñecedes.

 

MARCO-POLO: é un xogo de pillar ao compañeiro. O que queda ten que ir cos ollos pechados dicindo “Marco”, os outros se moven pola piscina contestando “Polo”. Se o que queda pilla a alguén e adiviña quen é cambian os postos.

 

A BUSCA DO TESOURO: Debes tirar algo que se afunda no agua e que sexa vistoso, un aro de cor ou algún obxecto brillante. Os participantes deberán pechar os ollos no momento en que tiras o 'tesouro'. Abrides os ollos e a por el.

 

NATACIÓN SINCRONIZADA: Consiste en facer movementos de baile dentro da agua