Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Vexo Vexo Xacobeo

  Este curso participamos en "Vexo, vexo, Xacobeo", programa que tenta chegar ao alumnado os valores do Camiño. Tivemos viaxes, actividades e os días 28 e 29 de maio viñeron ao noso centro. Premede na imaxe e veredes algunhas fotos.

Charla sobre compostaxe

  O venres día 24 de maio os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP tiveron unha interesante charla sobre compostaxe, ofrecida polo Concello de Ordes. Grazas ás explicacións de Andrés agora sabemos máis sobre este proceso. Para ver fotos preme na imaxe.

Hixiene dental

  Aproveitando que o día 7 de abril é o Día Mundial da Saúde, o xoves 5 viñeron ao noso cole tres membros da Clínica Dental Bucoexpert de Cerceda para dar unha charla aos alumnos de Ed. Infantil e Primaria sobre a importancia de ter unha correcta hixiene dental. Aprendemos moitísmo con eles e seguro que imos ser máis coidadosos co que comemos e imos lavarnos mellor os dentes! E de propina, déronnos un regalo moi chulo.

A Oca do Camiño

  O martes 2 de abril, viñeron ao cole tres membros da asociación de Concellos do Camiño Inglés a ensinarnos cousas do noso contorno: arquitectura, historia, lendas... todo de forma lúdica a través dun xogo enorme da oca que abranguía esa temática.

  Os afortunados foron os alumnos de 3º e 4º de EP que pasaron uns bos momentos no pavillón aprendendo este xogo.

 

Día da Árbore

  O día 21 de marzo (o 2º día da primavera este ano) achegouse ao noso colexio a concelleira Susana García para celebrar o Día da Árbore cos rapaces de 3º e 4º de Educación Primaria.

  Este ano plantaron un limoeiro e recitaron poemas ata con lingua de signos!

  Para ver fotos premede na imaxe.

Día Internacional da Muller

Para celebrar o Día da Muller, o venres 8 de marzo veu a dar unha charla a todos os nosos rapaces a antiga alumna do noso cole, excelente deportista e xornalista na tele e radio galegas, Rocío Candal. Contounos moitas cousas interesantes sobre a súa carreira e ata nos asinou autógrafos! Para ver fotos, premede na imaxe.

  E ademais preparamos un photocall de todos os nosos alumnos e persoal docente e non docente.

 Nota de prensa: A "revolta feminista" toma Santiago

 

Photocall 8M CEIP Mesón do Vento de Sergio Garcia Liñares

Entroido 2024

  Chegou por fin o venres de Entroido. Tristemente a meteoroloxía gastounos este ano unha mala pasada e non puidemos pasear os nosos disfraces pola vila do Mesón.

  Pero non hai mal que por ben non veña e a festa no noso pavillón foi das que fan época. Todo foi diversión e troula, sen esquecer aos nosos estómagos.

  Se premedes en Ardemiro podedes ver unhas cuantas fotos da nosa celebración.

Día da Discapacidade

  O día 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade. Como ese día é domingo, no noso cole aproveitamos o venres día 1 de decembro para invitar @s alumn@s da Aula de habilidades sociais do Mesón do Vento e facer con el@s unha morea de divertidas actividades. Premede na imaxe para ver as fotos.

Plan director - Charlas da Garda Civil

Por segundo ano, o centro foi admitido no Plan Director, onde partipan alumnado e familias de 5º e 6ºEP. Neste curso a temática foi a prevención da violencia de xénero e a prevención de delitos sexuais.

Deixamos imaxes ao respecto:

 

25 N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

No CEIP Mesón do Vento conmemoramos o 25 N cunha canción en Lingua de Signos. Grazas a tod@s @s participantes.