Skip to Content

FIN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCELLO

O 31 de maio rematan as actividades extraescolares do Concello do curso escolar 2023-2024.

FESTA DOS MAIOS

O venres 24 de Maio dentro da programación do horto escolar, en 5 anos celebramos a festa dos Maios. Vestímolo de flores, cantamos, bailamos e tocamos instrumentos de percusión.

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Maios

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2024/25)

A continuación tedes as ligazóns coa información relacionada co proceso:

 

LETRAS GALEGAS 2024

Durante a xornada do día 16 celebramos as nosas Letras e con elas a vida e obra de Luísa Villalta.

Ao longo da mañá os diferentes grupos foron amosando o froito do traballo dos últimos días: teatro, cancións, recitados, e como non a biografía da homenaxeada.

Aproveitamos tamén para entregar os trofeos do torneo de bádminton.

 

Foi unha xornada dinámica, divertida

e de convivencia desta gran familia que somos.

 

 

Ilustración de Vector Ilustración De Una Cámara De Fotos De Dibujos ...

UNIDADE DIDÁCTICA: "DETERIORO DO GALEGO"

O alumnado de 3º B realizou unha Unidade Didáctica sobre o deterioro do galego como lingua propia na que levaron a cabo, entre outras actividades, enquisas sobre o uso do idioma dentro do propio grupo. Tamén deseñaron carteis para animar a usalo e en homenaxe a Luisa Villalta. Contos e poesía amenizaron as sesións de hoxe día 16 de maio, tanto elaborados polo propio grupo como polo alumnado de 5º de Educación Primaria que nos visitou e recitou as súas creacións.

Feliz día!

 

DÍA DA FAMILIA (15 MAIO)

Hoxe día 15 de maio celébrase o día da familia e en Infantil traballámolo xa que nos convida a tratalo desde a diversidade e a igualdade. Así a diversidade de estruturas familiares en todo o mundo e a promover o vínculo dos seus integrantes.

Temos que ter en conta que "Hoxe en día non hai unha definición universal de familia, a importancia non radica en quen a conforma senón en como se conforma: os seus valores, rituais, acordos, tipo de educación e os vínculos que nela se tecen".

Nas aulas traballouse por medio de diferentes contos, tamén se realizaron pequenas manualidades para as familias.

 

FELIZ DÍA A TODAS AS FAMILIAS!

 

 

 

FAI CLIC

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Día da familia

TORNEO DE BÁDMINTON CEIP MENÉNDEZ PELAYO

Entre as dúas últimas semanas de abril e a primeira de maio tivo lugar o primeiro torneo de bádminton no colexio Menéndez Pelayo. Os participantes foron os alumnos e alumnas de 5º e de 6º de Educacdión Primaria e realizouse durante os recreos. A participación foi masiva, tendo un total de 82 participantes que xogaron por parellas. O torneo foi un éxito, xa que foron semanas de emocións, compañeirismo e moita ilusión. Creouse unha gran expectación, xa que sobre todo nos últimos partidos houbo unha gran afluencia de espectadores, animando sen parar aos e ás finalistas.

 

 

 

PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2024

PLANTAMOS "O NOSO XARDÍN" (PROXECTO 3 ANOS OS POLIÑOS)

Os alumnos/as de 3 anos tamén pintaron a súa granxa e plantaron o xardín que lle rodea para coñecer así o mundo dos animais e en especial o dos pitiños que teñen na aula.

 

 

Ilustración de Vector Ilustración De Una Cámara De Fotos De Dibujos ...

PLANTAMOS "O NOSO XARDÍN " (4 ANOS)

Os alumnos/as de 4 anos o venres 3 de maio comezamos o "mes das flores" coa nosa plantación de céspede. Plantación moi especial, porque cada un pintou e decorou a súa casiña e agora fáltalle o seu xardín esperamos que pronto creza para ver o resultado.

FAI CLIC

Álbum: CURSO 2023-2024 -> Plantación "O xardín da nosa casiña" (4 anos)
Distribuir contido


by Dr. Radut