Skip to Content

Celebracións e Exposicións

Celebracións e exposicións

visita de ANXO FARIÑA

 Dentro das actividades que se organizan este ano no CEIP María Pita para celebrar o Día das Letras Galegas, está a visita ao colexio do ilustrador e creador de historias ANXO FARIÑA TEMPRANO, o próximo día 19 de maio. Este xove escritor naceu en Vigo no ano 1977 e licenciouse en Belas Artes.

É un home moi creativo que manifesta a súa cratividade en moitos campos.

Ademais de escribir e ilustrar libros para rapaces, tamén se dedica ao deseño, dá conferencias e tamén organiza obradoiros.


Algúns dos seus libros son:

  • A colección de Antón e Pompón: As cores, As formas, As horas...
  • Don Quixote e Breogán (varias aventuras)
  • O mago das formas
  • Xabi non pode durmir
  • O ladrón de palabras
  • A monstroescola
  • Os Megatoxos: O aprendiz de druidaA espada esmeralda

Consultar: MIGRANHA

 

Os alumnos/as do CEIP María Pita están moi ilusionados co encontro que terán con Anxo Fariña, por iso están lendo os seus libros con grande interés e preparando algunhas actividades relacionadas con eles.

Día Mundial pola Educación

 Co gallo do "Día Mundial pola Educación", o profesorado e o alumnado do segundo ciclo tivemos unha experiencia moi interesante que consistía en encher un impreso cun monte de preguntas que debiamos contestar; se acertabamos poderiamos ter acceso a algo importante, coma conseguir un emprego ou a posibilidade de ter crédito nun banco...  pero non foi doado xa que ninguén de nós soubo entender a enquisa.

         Dese xeito decatámonos do imprescindible que é saber ler.

         Algúns/Algunhas de nós levamos a enquisa a casa. Aconteceu o mesmo coas nosas familias.

         Gustaríache facer a proba?

         Aí van as preguntas. TENTA CONTESTAR

1.-As palabros sobre la tu carta natural.
2.-¿A que parte posas?
3.-¿Cu mesmos padres haberes?
4.-¿Cu lunas tu vieres?
5.-Fai une a 5
6.-¿Cua pintata se le grande lagoa?
7.-¿Pasa río por tu vivir?
 8.- An palabro mesmo masbota
9.-¿Tas emponiendo cuosa algo?
10.-¿Prendere els palabros sai esential?
Distribuir contido


by Dr. Radut