Skip to Content

visita de ANXO FARIÑA

 Dentro das actividades que se organizan este ano no CEIP María Pita para celebrar o Día das Letras Galegas, está a visita ao colexio do ilustrador e creador de historias ANXO FARIÑA TEMPRANO, o próximo día 19 de maio. Este xove escritor naceu en Vigo no ano 1977 e licenciouse en Belas Artes.

É un home moi creativo que manifesta a súa cratividade en moitos campos.

Ademais de escribir e ilustrar libros para rapaces, tamén se dedica ao deseño, dá conferencias e tamén organiza obradoiros.


Algúns dos seus libros son:

  • A colección de Antón e Pompón: As cores, As formas, As horas...
  • Don Quixote e Breogán (varias aventuras)
  • O mago das formas
  • Xabi non pode durmir
  • O ladrón de palabras
  • A monstroescola
  • Os Megatoxos: O aprendiz de druidaA espada esmeralda

Consultar: MIGRANHA

 

Os alumnos/as do CEIP María Pita están moi ilusionados co encontro que terán con Anxo Fariña, por iso están lendo os seus libros con grande interés e preparando algunhas actividades relacionadas con eles.



paxina | by Dr. Radut