O Equipo de Dinamización Lingüística do centro de acordo co Proxecto de Dinamización Lingüística propón algunhas actividades:
SAMAÍN: festividade que para os celtas indicaba o fin do verán e principio do inverno, comezando así a estación escura. É tanto unha festa de transición, dun ano para outro, como de apertura ao outro mundo no que as ánimas dos mortos volvían a este mundo.
Sendo sabedores de que somos un centro plurilingüe tentamos unir os costumes coa actualidade. Así, para a súa celebración, proponse traer un accesorio (non un disfraz) para caracterizarse o día 30 de outubro.
MAGOSTO:“Exposición virtual de portacastañas”: (totalmente libre e voluntario). Poderán mandar ao correo electrónico do EDLG edlgmariabarbeito@gmail.com ,con nome e curso, as fotografías dos seus portacastañas ( realizados polo alumnado nas casa, feitos con material de refugallo). Durante esa semana e a seguinte colgaremos no blogue do equipo https://linguagaleganomariabarbeito.wordpress.com/ as súas creacións. Todos os participantes recibirán un diploma.
Asado/ degustación de castañas: celebrarémolo o venres 30 de outubro polo que o alumnado deberá traer unha presa de castañas picadas da casa entre o mércores 28 e xoves 29, así como o portacastañas para utilizar o venres.
A celebración levarase a cabo no tempo de lecer e nas zonas asignadas por aulas, mantendo en todo momento as medidas de protección.
Esperamos que todos e todas desfrutemos moito desta festa!