PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privadospresentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.
A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.
O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
Deberán ser presentadas na Secretaría do Colexio do 1 ao 20 de marzo ambos os dous inclusive, (horario de mañá de luns a venres de 9 a 13:30 horas e en horario de tarde os luns de 16:00 a 18:00 horas) debendo ir acompañadas da copia compulsada do DNI do/da alumno/a ou da copia compulsada de todas as follas escritas do libro de familia. (As compulsas realízanse na Secretaría do centro).
No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.
En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.
ÁREA DE INFLUENCIA E IES DE ADSCRICIÓN DO CENTRO
A área de influencia do Centro, ao obxecto de aplicar a puntuación que corresponda por proximidade do domicilio ou do centro de traballo, é a que figura no plano exposto ao lado do presente escrito. Aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria o Centro está adscrito ao Instituto de Educación Secundaria Agra do Orzán.
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS
O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación é do 23 de marzo ao 9 de abril. Porén, para facilitar trámites e evitar viaxes ao Centro, poderán achegala coa solicitude.
Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de: domicilio fiscal, renda, condición de familia numerosa e discapacidade do alumno/a, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns/ás cando a persoa interesada denegue a consulta automática de datos (art. 17.1).
A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.
LETRAS DE PRIORIDADE EN CASO DE EMPATE
As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son "Z" e "T", así mesmo, afectan ao segundo apelido as letrad "C" e "J".
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO
Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. A listaxe ou listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de cinco días hábiles.
Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. no prazo dun mes.
PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
O alumnado admitido no Centro formalizará a súa inscrición na Secretaría do 20 de xuño ao 2 de xullo . Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Os servizos complementarios que ofrece o Centro son:
1.- Transporte Escolar.Soamente para os alumnos da zona de Bens.
Empresa Autos Fernández
Ruta: A Moura – Comeanda – Mazaido – Bens – San José
Non teñen dereito a este servizo os alumnos que, estando domiciliados nas áreas de influencia doutros centros, decidan solicitar praza neste. (Art. 6. Orde de 12 de marzo de 2013).
Lexislación aplicable:
. Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sustentados con fondos públicos… (DOG 15/03/2013).
. Orde de 12 de marzo de 2013.
. Decreto 203/1986, do 12 de xuño, polo que se regulan provisionalmente determinados aspectos do transporte escolar. (DOG, 09/0/1986).
. Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. (BOE, 02/05/2001).
. Instrución 3/2012, do 22 de xuño, sobre a xestión do uso do transporte escolar.
2.-Comedor Escolar.
Organizado e xestionado pola ANPA do Centro:
Teléfono ANPA: 607 04 29 49
Web: www.anpa-agarimo.es
e-mail: anpa.agarimo@gmail.com
- Lexislación aplicable:
. Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 06/02/2007).
. Orde do 21 de febreiro de 2007, pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 05/03/07).
3.- Madrugadores (7:45 - 9:00h).
Organizado e xestionado pola ANPA do Centro:
Teléfono ANPA: 607 04 29 49
Web: www.anpa-agarimo.es
e-mail: anpa.agarimo@gmail.com
4.- Actividades extraescolares (16:00 – 18:00h).
Teléfono ANPA: 607 04 29 49
Web: www.anpa-agarimo.es
e-mail: anpa.agarimo@gmail.com
CRITERIO COMPLEMENTARIO ESTABLECIDO POLO CENTRO:
Por solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público: 1 punto
A acreditación farase de oficio polo propio centro, sendo o documento acreditativo a propia solicitude de admisión, anexo II da Orde.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar. Estará asinada por calquera dos titulares da patria potestade. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
Darán lugar á perda de dereito de prioridade:
A presentación da solicitude fóra de prazo.
A presentación de máis dunha solicitude.
A presentación de solicitudes estando vinculado por reserva. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión.
As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno.
As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais
XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL.
Día 5 de marzo ás 17 horas. Folleto informativo.
Para unha mellor organización da visita pregamos que veñan sen nenos.
Moitas grazas.
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES
Cursos de Educación Infantil
|
(1)
|
Cursos de Educación Primaria
|
(1)
|
Cuarto (3 anos) .................66
Quinto (4 anos) ................. 0
Sexto (5 anos) ................... 4
|
9
|
Primeiro ............................................... 0
Segundo ............................................... 0
Terceiro ............................................... 2
Cuarto ............................................... 2
Quinto .................................................. 0
Sexto .................................................... 3
|
|
(1) Postos escolares a disposición da comisión de escolarización para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)
|