Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar alumnado de primaria (2021/22)

 

 

No DOG de onte, día 20 de maio, pola orde do 6 de maio de 2021 convócanse as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2021/22 destinadas ao alumnado de primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Requisitos:

  • Ser pai, nai, titor-a, legal do alumnado matriculado en educación primaria para o vindeiro curso 2021/22
  • Non estar incurso en prohibicións para obter a condición de beneficiario.
  • Ter unha renda per capita familiar igual ou inferior a 10000 euros anuais no 2019.
  • Ter devoltos os libros adquiridos coas axudas do curso 20/21. (alumnado de 3º,4º,5º e 6º EP)

As solicitudes (Anexos I e II) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través da aplicación Fondolibros ou na Sede Electrónica da Xunta (Procedemento EDB330B)
Opcionalmente pode presentarse na Secretaría do Colexio
no horario correspondente acompañada da fotocopia do Libro de familia e da documentación xustificativa necesaria. Na mesma solicitude incorporaranse todos os irmáns matriculados no centro. O prazo finaliza o martes 22 de xuño.

Mais información:

Circular centro

Páxina da Consellería de Educación

 

 



page | by Dr. Radut