Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Inicio do curso 2020/21

Setembro de 2020

O equipo de persoal docente e non docente do CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño dalles a todas as familias a benvida ao curso 2020/2021.
Curso que chega con moitas novidades, dúbidas, e moita incertidume.

Desde finais de xullo estamos a planificar e organizar este curso, cumprindo coas diferentes instrucións que foron publicadas sucesivamente no portal da Consellería de Educación sobre o regreso ás aulas, en especial o que indica o Protocolo marco que publicou a Consellería de Educación e a de Sanidade para os centros educativos o pasado día 31 de agosto.
Resumo do mais salientable dos plans que figuran a continuación:
NOVA AULA
Para cumprir coa normativa de non exceder de 25 alumnos por aula, teremos un nivel máis en 4º de Primaria, polo que tivemos que repartir o alumnado entre as catro aulas, habilitando un novo espazo na aula de inglés da primeira planta do edificio de primaria. Nos vindeiros días poñeranse en contacto con todas as familias os profesores e profesoras titores con indicacións da aula á que pertenece o seu fillo-a e da súa ubicación.
GRUPOS ESTABLES DE CONVIVENCIA:
Todos os grupos de infantil e primaria terán esta condición, e polo tanto terán espazos exclusivos nos recreos, evitando contacto con alumnado doutros grupos. A distancia de metro e medio non será obrigatoria pero procuraremos evitar o contacto directo.
ENTRADAS E SAÍDAS
Infantil:
4º (3 anos) -- Acceso polo portalón principal do edificio administrativo. Pode entrar UN ou UNHA acompañante ata a porta de acceso ás aulas. Facilitarase horario do período de adaptación.

Entradas: 9:00 h.

Saídas: 13:50 h. (grupos A e C)/ 13:45 h. (grupo B)

5º e 6º (4 e 5 anos) -- Acceso pola rampla do pavillón do centro, pola rúa Alcalde Peñamaría del Llano. Pode entrar UN ou UNHA acompañante ata a porta de acceso ao centro, subindo pola rampla e deberán baixar polas escaleiras do pavillón

Entradas: 8:55 h. (5º)/ 8:50 h (6º)

Saídas: 13:45 h. (5º)/ 13:50 h. (6º)

Primaria:

1ºEP, 2ºEP, 3º EP e 4º EP: Acceso exclusivo pola porta principal. NON pode acceder ao recinto ningún acompañante.

Entradas: 8:50 h. (1º, 2º, 3º, 4º)

Saídas: 13:40 h. (1º)/ 13:50 h. (2º)/ 14:00 h. (3º e 4º)

5ºEP e 6ºEP: Acceso exclusivo pola porta das escaleiras da praza do Gadis. NON pode acceder ao recinto ningún acompañante.

Entradas: 9:00 h.

Saídas: 14:00 h.

Plano de entradas-saídas e circulación polo centro:

 

HIXIENE E PREVENCIÓN
-Mascarilla obrigatoria a partir dos 6 anos e recomendable en infantil.
-Hixiene de mans obrigada (ata 5 veces na xornada)
-Distancia de 1,5m en todo o recinto e aulas (excepción para grupos estables)
-Material de uso individual, merendas ben pechadas e auga de uso individual
-Restrinxir ao máximo a presencia de adultos no recinto.
-Educación para a saúde nas aulas
-Obrigatoriedade das familias de comunicar os posibles casos de COVID19
-Cubrir a ficha de actualización de datos e a declaración responsable

Estas medidas son un breve resumo do establecido no Plan de adaptacion ao contexto COVID do noso colexio que, como a demais documentación, pódese pode consultar facendo clic nas seguintes imaxes. Todos os documentos foron informados polo Consello Escolar do centro e aprobado pola dirección o día 8 de setembro.

Solicitamos a máxima colaboración no seguimento de normas e instrucións.
Moitas grazas.

Facendo clic nas imaxes accederase aos distintos documentos:

 

Plan acollida      

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 


page | by Dr. Radut