Animación á lectura

ENQUISA "XOGOS E XOGUETES"

    Como ven sendo costume nos últimos anos, cada curso escolar vimos desenvolvendo dende a Biblioteca do centro, unha serie de actividades relacionadas cunha temática concreta. Este curso 2021/22 o tema escollido foron os xogos e os xoguetes.

   Nos xogos, as nenas e os nenos reflexan as súas experiencias máis próximas, as súas expectativas, aprenden comportamentos, actitudes e habilidades ante diversas situacións que van conformando a súa personalidade futura. A través deles, adquírense capacidades e valores que os xoguetes reforzan. Estes non resultan, en si mesmos, axeitados ou inapropiados, senón que todo dependerá do seu uso.

    Por este motivo, é necesario analizar criticamente, dende a escola e a familia, os modelos que estamos ofrecendo ou reforzando a través dos xogos e dos xoguetes. A promoción indiscriminada destes últimos que se produce, a través da publicidade, de modo especial en torno ás datas de Nadal, ha de ser contrarrestada, non só polo desexo de comprar que provoca nos nenos e maiores, senón tamén pola transmisión de valores, estereotipos e concepcións sobre o mundo que comporta as mensaxes publicitarias. Neles non se reflexa precisamente un mundo baseado en relacións de igualdade, respecto e solidariedade, senón que aparecen cargados de valores sexistas, comportamentos agresivos, competitivos…

   Dende esta perspectiva, gustaríanos contar coa vosa colaboración de carácter voluntario e anónimo para a realización dunha enquisa que nos axudará a coñecer un pouquiño mellor a realidade coa que traballamos.

 Prema na imaxe para acceder á enquisa

Formación de Usuarios

Trovadores na BiblioLibriña

Si quieres ver como funciona nuestra biblioteca, pincha en el enlace.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer