EDLG

EDLGEDLG

Celebración Samaín

Recordade vir disfrazados ao cole! Pero evitando complementos e máscaras.

 

LETRAS GALEGAS 2023 - FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Continuando coas actividades sobre a conmemoración da Semana das Letras Galegas, o martes 16 saimos ao patio do centro a cantar o himno galego e facer un percorrido pola vida e obra do autor homenaxeado.

Nesta ocasión queremos agradecer ao grupo Abertal que nos acompañara en dito evento, xunto ás pandereteiras Elsa e Paloma, alumnas de cuarto de Primaria.

Ao mesmo tempo, tamén se levou a cabo un mural sobre o autor empregando material de refugallo, como tapóns. Nesta ocasión contamos coa colaboración de Carina, artista local e nai dun alumno de sexto.

LETRAS GALEGAS 2023

Comezamos a traballar no noso cole na conmemoración das Letras Galegas. Este ano adicado ao intelectual e fundador da Editorial Galaxia, Francisco Fernández del Riego.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer