Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Axudas

BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

00/00/
Array

Ata o 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar estas axudas.
As solicitudes estarán a disposición dos pais/nais/titores legais dos alumnos na conserxería do centro ou premendo aquí, e pódense entregar en secretaría no prazo indicado.
Terá dereito ás axudas o alumnado de E. Primaria que teña unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 € no ano 2010 segundo as seguintes contías:

  • Familias monoparentais:
  • Ingresos ata 6.000 €: 170 €
  • Ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 €: 90 €
  • Resto das familias:
  • Ingresos ata 5.400 €: 170 €
  • Ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 €: 90 €

Considéranse membros da unidade familiar:

  • Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
  • Os fillos menores de idade, con excepción dos emancipados.
  • Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Os fillos solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

Para calcular a Renda per cápita, súmanse os recadros 455 e 465 da Declaración da Renda de 2010 e divídese polo número de membros da unidade familiar. Computan por dous os membros que figuren na solicitude e teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Xunto coa solicitude, debidamente cuberta, presentarase a seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro a 31 de decembro de 2010, terá que presentarse documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:


-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe do Servizos Sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

 

  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos:

-Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,

-Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou

-Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.   

  • No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

MOI IMPORTANTE:

  • Segundo recolle o Artigo 10.1 da ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario: "O establecemento receptor dos vales non poderá, en ningún caso, requirirlle á persoa que lle anticipe o importe do vale".
  • O vale entregarase na libraría no momento en que lle sexan entregados os libros, nunca antes. Só no caso de que o valor do vale sexa inferior ao importe total dos libros abonarase esa diferenza por parte do solicitante.   

Para calquera dúbida pode consultar persoal ou telefónicamente na dirección do Centro.

BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

00/00/
Array

1º, 2º, 5º e 6º DE E. PRIMARIA 

Desde o día 1 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para solicitar estas axudas.

As solicitudes estarán a disposición dos pais/nais/titores legais dos alumnos na secretaría do centro ou no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, e pódense entregar na mesma no prazo indicado.

Terá dereito ás axudas o alumnado destes cursos que teñan unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 € no ano 2008 segundo as seguintes cuantías:

Familias monoparentais:

Ingresos ata 6.000 €: 180 €

Ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 €: 104 €

Resto das familias:

Ingresos ata 5.400 €: 180 €

Ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 €: 104 €

Considéranse membros da unidade familiar:

Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.

Os fillos menores de idade, con excepción dos emancipados.

Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Os fillos solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de 2008.

Xunto coa solicitude, debidamente cuberta, presentarase a seguinte documentación:

Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

Para calquera dúbida pode consultar persoal ou telefónicamente na dirección do Centro.

Distribuir contido