Xornada de atletismo en pista
Enviado por Fran Macias o Lun, 2011-02-21 20:23O mércores 23 de febreiro participaremos nunha xornada de "Atletismo en pista" que terá lugar no campo da " A Malata" de Ferrol.
Saída desde o colexio ás 9:30.
Inicio da actividade: 10:45 nas instalacións da A Malata en Ferrol.
Hora de chegada ao colexio: sobre as 14:15.
A organización entregará bebidas,froita e un bocadillo aos participantes.
Esta actividade consiste nunha xornada de convivencia entre o alumnado dos colexios da zona, ao tempo que coñecen e practican as diferentes disciplinas do atletismo. Non é unha competición.
DÍA DA PAZ
Enviado por Anónimo o Xov, 2011-02-10 15:12Este é un anaco da celebración do Día da Paz 2011
[swf file="/srv/hosting/home/ceipmanuelfraga/drupal/files/paz_11.flv"]
CUESTACIÓN ANÓNIMA-DÍA DA PAZ 2011
Enviado por Anónimo o Mar, 2011-02-08 10:53A cantidade enviada a "LA COCINA ECONÓMICA DE FERROL" coas aportacións recadadas no centro foi de:
1.317,59 €
TEATRO - 1º CICLO
Enviado por Anónimo o Xov, 2011-02-03 09:44O venres, día 4 de febreiro, ás 9:45 horas os alumnos/as de 1º ciclo do colexio asistirán á representación no Auditorio Municipal dunha obra teatral ofertada por convenio entre a editorial Edelvives e a Xunta de Galicia.
DÍA DA PAZ
Enviado por Anónimo o Lun, 2011-01-24 13:27O próximo día 28 de Xaneiro o alumnado e o profesorado do colexio celebraremos o DÍA DA PAZ. O lema deste ano é “VIAXANDO EN PAZ POLOS 5 CONTINENTES”.
HORARIO:
De 9.30 a 12.15 h. teremos o horario de clase habitual.
De 12.15 a 12.45 h: recreo.
Ás 12.50h. (no patio ou no polideportivo) realizarase a conmemoración do acto:
*Lectura das frases “Eu son pacifista
porque...”.
*Bailaremos as Danzas e nesta orde:
- Danza de los siete saltos, 5º e 6º
- Chino del alma, 1º e 2º
- Sambalele, 4º
- Pata Pata, 3º
- Epo, E.Infantil
*Cantaremos a canción “Amigos del
corazón” de la serie Patito Feo.
*Despois proxectarase o video “La fuerza
de un abrazo” no salón de actos.
Ademais, o próximo mércores 26 ás 10.30h, e no salón de actos, terá lugar unha charla-coloquio co presidente da Cociña Económica de Ferrol ( Institución Benéfica á que este ano vai destinada a cuestación anónima) Antonio Tostada, para os alumnos/as do 2º e 3º ciclo.
FELIZ DÍA DA PAZ
Visita didáctica aos museos coruñeses
Enviado por Fran Macias o Ven, 2011-01-14 14:53O mércores 19 de xaneiro o alumnado do segundo ciclo (3º e 4º ) participarán nunha saída didáctica para coñecer os museos de A Coruña.
Data: 19 de xaneiro de 2011
Hora de saída: 8:30 desde as distintas paradas da estrada xeral.
Hora de chegada: sobre as 18:30 nas mesmas paradas.
Programa: Visita ao acuario, Domus e Casa das Ciencias.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- …
- seguinte ›
- última »