1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2022-2023

Os roqueiros de 5º e 6º de Educación Infantil

Compartimos máis imaxes dos nosos pequenos roqueiros. Esta vez do alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil.

 

Dentro vídeo!


Mandatos do Meco!

Estimadas familias, é tempo de Entroido!

Como xa ven sendo tradición, queremos compartir convosco os Mandatos do Meco deste para a semana de Entroido.

Nesta publicación aparece un arquivo adxunto cos mandatos que hai publicados na entrada do centro e que enviaron as titoras polas tablets.

Escola de Rock!

Esta semana en clase de música, aproveitando a temática do Entroido, estivemos a Rockear con diferentes actividades. Unha delas foi coñecer a guitarra eléctrica, as súas partes e como se tocaba.

Dentro vídeo!

30 de xaneiro DÍA DA PAZ

Na BiblioAcuña celebramos o día da Paz partindo da idea de que temos que empezar a construila dende a nosa contorna máis próxima. Nos días previos ao 30 de xaneiro cada alumna/o escribiu unha palabra ou frase nunha pluma. Con todas as plumas formáronse as ás da nosa pomba da Paz.

 

 

 

Outros alumnos tamén nos presentaron os seus traballos sobre a Paz como se pode ver nos seguintes vídeos:

 

 

 

 

E terminamos cantando a canción "Danza da Paz" de Mamá Cabra.

Danza da Paz

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer