1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Servizos, Aula Madrugadores, Comedor, Natación

O comedor escolar

O Comedor Escolar empezou a funcionar no Centro no curso 2007-2008. No presente curso  xa funciona coas normas de funcionamento de calquera outro comedor escolar, axustándose ós baremos establecidos para admisión do alumnado. Este servizo de Comedor é de CATERING, asignado pola Consellería de Educación a unha  empresa . A empresa facilita a tódolos comensais, mensualmente, o menú diario, ademais, o centro colgarano na súa páxina web.
 
O horario é de 14,00 a 16,00 h.. Nesta banda horaria os alumnos/as transportados e non transportados, con carácter voluntario , comen nun  espazo “comedor“ habilitado pola Delegación de Educación como tal. A capacidade máxima asignada é de 90 alumnos/as e que no presente curso está utilizado por 64  alumnos/as.
 
ORGANIZACIÓN : 
 
Os alumnos/as de Infantil, usuarios de comedor, 5 minutos antes da entrada no mesmo  e nas súas dependencias realizan labores de hixiene, lavando ordenadamente as mans.
 
Os alumnos de primaria ás 14,00 h., ó tocalo timbre forman fileira na porta dos servizos anexos ó comedor (nenos- nenas) e como norma xeral lavan as mans e van entrando ordenadamente e colócanse nas mesas previamente asignadas, de maneira que estén sempre algún alumno/a como responsables de mesa.
 
Unha vez rematada a comida, cadaquén colle no armario o seu neceser para lavalos dentes.
 
O horario de patio remata ás 15,15 h. Para os alumnos/as transportados , e as 16,00 h. Para os alumnos/as que se incorporan ás actividades extraescolares, ou que non quedando as actividades extraescolares son recollidos polos seus pais.
 
VIXIANCIA :
 
Os labores de vixilancia realízanas MONITORAS da propia empresa . Os  alumnos/as de infantil , ó remate da comida quedan no propio espazo de que dispoñen no centro vixiados por dúas persoas. O resto dos alumnos/as realizan actividades de ocio e tempo libre no patio escolar cando o tempo o permite, se non fora así está previsto organizarlles  xogos de mesa …

Natación

Aprendo a nadar.
 
Un dos obxectivos específicos dentro da área de Educación Física no noso centro ven sendo a posibilidade de que tódolos nenos rematen a primaria sabendo nadar ou al. Menos tendo unha noción importante para posterior perfeccionamento de carácter libre.
 
Igual que en cursos pasados temos solicitado o permiso pertinente para desenvolver a actividade no pavillón dos Remedios.
 
Tamén como en cursos anteriores os niveis onde pretendemos incidir neste obxectivo específico son os cursos de 4º (iniciación) e 5º (semiperfeccionamento).
 
Seguimos considerando que son as idades ideais para a adquisición correcta das técnicas e bos hábitos da natación. Nestas idades temperás aínda non contan con moitos defectos para nadar e se xa os teñen son bos de corrixir. Ó mesmo tempo tamén continuamos coa posibilidade de aqueles que o queiran, dentro destes alumnos que participan en natación, poidan competir no Deporte Escolar (natación).
 
HORARIO
 
O horario para a actividade é: mércores de 11, 00  a 12, 00 horas, contando o desprazamento a parte.
 

Aula Madrugadores

O AMPA oferta a prestación do servizo de atención temperá para todas aquelas familias que necesiten deixar aos seus fillos/as no colexio antes da apertura do mesmo. Contaremos cun plan madruga con almorzo, e outro plan madruga sen almorzo, con posibilidade de inscripción de un a cinco días, cun horario de 7:30 a 9:00 horas.
 
As tarifas variarán segundo a cantidade de días que se soliciten, contando con descontos para aquelas familias con varios membros inscritos. Para solicitar calquer tipo de información pódense por en contacto coa presidenta da AMPA a través do colexio.
 
                                                 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer