1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Curso 2023-2024

Día Mundial do Autismo

Polo Día Mundial do Autismo realizamos diversas actividades a nivel de centro como: visionado de curtametraxes, actividades de concienciación e información do autismo,  lectura de contos, elaboración de pulseiras, pintado do símbolo do infinito...

Día Internacional da Muller

Con motivo do 8 de marzo, esta semana o alumnado do cole afondou na vida de mulleres relevantes da nosa historia e da actualidade. Ademais, realizou diversas actividades que tiñan como finalidade a reinvindicación da igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Noraboa peques!

 https://www.youtube.com/shorts/Nqgs4sfPslo 

Entroido no cole

Un ano máis celebramos o Entroido por todo o alto. Nin sequera o mal tempo foi quen de pararnos.
Comezamos o día desfilando polo barrio para voltar ao cole a seguir coa festa. Toro mecánico, saltarín, pin-pon, obradoiro de tatuaxes, circuito de "Kars", bicicletas e patinetes, e moita música. Grazas ao Concello de Ourense por traernos unha batucada ao cole.
Tamén houbo tempo para degustar un chocolate quentiño cun anaco de bica.
Xa estamos a pensar no próximo Entroido! 

Nutriescolas

Un ano máis, continuamos a participar no plan Proxecta+ Nutriescolas.

A semana pasada, o alumando de 6º de Educación Infantil aproveitou a froita que se está a repartir no centro para elaborar unhas brochetas de froitas. Como vedes, estaban boísimas!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer