1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Excursión fin de Curso a Marcelle

Este ano as nenas e nenos de Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria fomos de excursión de fin de curso ao parque Natural Marcelle.

Pasámolo xenial!

Excursión de fin de curso 5º e 6º de Educación Primaria

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria comezamos o mes de maio cunha saída moi especial a Madrid e Toledo na que tivemos a sorte de ver os espectáculos de "El sueño de Toledo" e o "Rei León". Tamén tivemos tempo para divertirnos da Warner e pasear polo parque do Retiro.

Pasámolo xenial!

LETRAS GALEGAS

17 de maio, DÍA DAS NOSAS LETRAS!!!

Na BiblioAcuña celebramos o día das Letras Galegas repasando a vida e obra de Francisco Fernández del Riego. Grazas á colaboración do ENDL e ao profesor de música, o alumnado achegouse á figura do autor homenaxeado este ano. Ademais, cada titora, na súa aula, realizou previamente diversas actividades relacionadas con esta celebración.

  

 

Obradoiros de Alimentación saudable en Educación Infantil

Estimadas familias, compartimos un breve resumo dalgúns dos obradoiros de alimentación saudable realizados este mes co alumnado de Educación Infantil, como arte da nosa participación nos programas "Aliméntate ben" e "She!":

  • Obradoiro de creación de pizzas saudables.
  • Obradoiro de froita de tempada: creación de brochetas con froita variada
  • Obradoiro iogures

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer