1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Pequeteca

Este curso un dos obxectivos do noso equipo de biblio é facer a nosa biblioteca de centro máis atractiva e accesible para todo o alumnado. Unha das accións levadas a cabo para acadar este obxectivo foi a da creación da pequeteca na planta baixa do centro.

Como vedes, está sendo todo un éxito entre os máis peques do cole!

 

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Estimadas familias, compartimos o recurso (elaborado polo profesorado do centro) co que estivo a traballar o noso alumnado o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Proximamente compartiremos algúns dos seus traballos.

 

Fai "clic" na imaxe para acceder ao recurso

 

Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Este ano, para conmemorar do Día Escolar da Non Violencia e da Paz eliximos a canción Mi mochila es de la paz de Unai Quirós. Analizamos e traballamos a súa letra a nivel de aula e realizamos diferentes traballos plásticos como os nosos corazóns pola paz. Finalmente, realizamos un breve acto a nivel de centro no que participaron todos os grupos, dende os máis pequeños aos maiores do cole.

Deixamos a continuación unhas imaxes que resumen o noso día da Paz.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer