COLABORADORES COMEDOR CURSO 2019-20

No actual curso 2019/2020 a encargada de cómedor é: Begoña Ferreiro Yáñez.

Conta cun total de 11 colaboradores entre os que atopamos 7 pais e 4 mestres.

 

Funcións de colaboración no comedor:

   Só poderán ser desempeñadas por nais, pais ou titores de alumnos/as que estean cursando actualmente estudos no centro docente. En ningún caso poderán estas persoas desempeñar as ditas funcións de colaboración no comedor durante dous cursos escolares consecutivos, co que non poderán asumir tales cometidos as  persoas que o realizasen durante o curso escolar 2018-2019. Soamente en  casos nos que resulte motivada e probada a imposibilidade de alternancia no desenvolvemento das tarefas descritas, poderase, en virtude de autorización expresa da Secretaría Xeral da Consellería, excepcionarse o cumprimento da  regra xeral sinalada.

No mes de setembro exponse no centro o anuncio de apertura do prazo de admisión para colaboradores voluntarios nas tarefas de atención ao alumnado  usuario de comedor. No caso de que o 30 de setembro non houbera suficientes pódese autorizar provisionalmente a colaboración de pais/nais do curso anterior ata o 31 de decembro.