Skip to Content

VELAÍ VÉN O SAMAÍN!!!

UUUOOOOOOLAA!!!

AI QUE XORNADA DE RISA NOS AGARDA!  O 31 DE OUTUBRO, MARTES (SE O TEMPO NOS DEIXA...)

UNHA BOA RISA É O MELOR PARA ESPANTAR OS MEDOS!

ESTE ANO PROPOÑÉMOSVOS QUE ADEMAIS DA NOSA LEXENDARIA DECORACIÓN DE PEITEADOS TERRORÍFICOS, DECOREMOS OS PÉS TAMÉN...

DE SEGURO QUE DESFRUTAREMOS MOITO DESTE DÍA!!

 

 

LISTAXE DEFINITIVA COMEDOR E TRANSPORTE

Estimadas familias:

Informamos que:

- Todas as solicitudes de comedor para o curso 2023-24 están admitidas.

- As solicitudes de transporte están todas admitidas agás aquelas familias ás que se lle comunicou telefonicamente os cambios pertinentes.

 

Todas estas listaxes quedan á vosa disposición na secretaría do centro, onde poderedes consultalas ata o venres día 14 en horario de 10 a 13h.

 

Unha agarimosa aperta e feliz verán.

 

O Equipo Directivo.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

Estimadas familias :

Con data 4 de xullo 2023 ábrese o prazo de presentación da autodeclaración para o servizo de comedor escolar do vindeiro curso. Deberán cubrir o impreso da autodeclaración e presentalo PRESENCIALMENTE na Secretaría do Centro antes do 11 de setembro.

O impreso pódeno descargar no arquivo adxunto ou recollelo na Secretaría do Centro.

 O equipo directivo

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2023-2024

INFORMAMOS DE QUE NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS PODEDES ATOPAR AS LISTAXES DOS LIBROS DE TEXTO PARA O PRÓXIMO CURSO 2023-2024. ESTAS LISTAXES TAMÉN ESTÁN PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO

UN SAÚDO.

O EQUIPO DIRECTIVO.

FONDO LIBROS CURSO 2023-2024

INFORMAMOS DE QUE XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O FONDO LIBROS E AS AXUDAS PARA MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

PODEN RECOLLER E ENTREGAR O IMPRESO NA SECRETARÍA DO COLEXIO OU PRESENTALO A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDOLIBROS (pinchar AQUÍ)

MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf

 

Distribuir contido

RECURSOS EDUCATIVOS



by Dr. Radut