Skip to Content

INFORMACIÓN CURSO 2024-2025

 Estimadas familias:

Benvidas a este novo curso!

Achegamos información importante en relación ao comenzo do curso.

O primeiro día, 11 de setembro:

  • O alumnado de Ed. Infantil pode ser acompañado polas familias ata entrada das súas aulas.
  • O alumnado de 1º de Ed. Primaria pode ser acompañado polas familias ata o comedor onde se procederá á repartición dos grupos.
  • O alumnado de 2º a 6º de Ed. Primaria dirixirase ao patio.

 

REUNIÓN DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ( 3 ANOS )

 

Lembrámoslles que mañá mércores ás 11:00 horas, terá lugar a Xuntanza do profesorado coas familias de 4º de Ed. Infantil ( 3 anos ).

AXUDAS DO CONCELLO DE VIGO

No seguinte enlace poden consultar a convocatoria de axudas do Concello de Vigo para a adquisición de libros e material escolar.

 

https://hoxe.vigo.org/actualidade/avisos_vigo.php?id=2086&lang=gal

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2024-25

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS

PODEN ATOPAR AS LISTAXES DE

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO

2024-25.

COLABORADORES-AS COMEDOR CURSO 2024-25

 

 

PODEN DESCARGAR O IMPRESO DE SOLICITUDE NO ARQUIVO ADXUNTO OU RECOLLELO NA SECRETARÍA DO CENTRO. UNHA VEZ CUMPRIMENTADO, ENTREGARASE NA SECRETARÍA DO COLEXIO.

FESTA DO COLEXIO E ACTO INSTITUCIONAL VIGUÉS DISTINGUIDO 2024

Pola presente, queda convidada TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA do CEIP PLURILINGÜE LOPE DE VEGA ao acto e á festa que se celebrará o próximo sábado día 15 de xuño de 2024, A PARTIR DAS 11h no patio do colexio, para conmemorar o noso 50 ANIVERSARIO e o galardón de VIGUESES DISTINGUIDOS 2024.

 

VIAXANDO CON LOPIÑO!!!

AQUÍ TEDES ALGÚNS DOS RESULTADOS DA NOSA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA "POLOS CREATIVOS".

(Achéganse arquivos adxuntos con enlaces e códigos QR)

COMEZO DO TORNEO DE DATCHBALL

Esta semana dá comezo nos recreos o noso torneo de Datchball particular. Esperamos que o tempo nos ofreza unha tregua para comezar cos partidos. Moita sorte aos participantes!

 

O BOLBORETEIRO DO LOPE

O LOPE DE VEGA COMPROMÉTESE COA CONSERVACIÓN
DAS BOLBORETAS EN ESPAÑA
 
Alumnado de 5º de Ed. Primaria ven de por en marcha un oasis para bolboretas dentro do gran xardín do colexio. O oasis ao que bautizaron como O Bolboreteiro consiste nunha plantación de diversas plantas aromáticas autóctonas que servirán de refuxio para as bolboretas da nosa contorna. O Bolboreteiro foi incorporado ao mapa do proxecto da asociación Zerynthia (asociación española para a protección das bolboretas e o seu medio) sumándose á rede de espazos repartidos por España. Asociación ZERYNTHIA | Oasis de mariposas (asociacion-zerynthia.org)
 
 
Distribuir contido

RECURSOS EDUCATIVOS



by Dr. Radut