Skip to Content

Educación Infantil

Propostas e Actividades para facer na casa!

Familias!

As propostas e actividades para as nenas e nenos de educación infantil colgarémolas no blogue das mestras de infantil que figura na marxe dereita desta páxina web.

Saúdos

CALENDARIO DE MERENDAS

CALENDARIO DE MERENDAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL.

TEATRO DE SOMBRAS CHINESAS

DENTRO DUNS DÍAS ALGO VAI PASAR...


No seguinte enlace podedes visualizar máis cousiñas que nos mandan os nosos compis de San Rafael sobre esta iniciativa. Algunhas destas actividades farémolas na aula; incluso podedes descargar o arquivo para facer algunha que vos guste na casa.

 

MAIOS 2017

 O día 11 de maio os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos os Maios, cantamos e bailamos ao redor del para celebrar a primavera.

 

TEATRO DE SOMBRAS CHINAS NO LOPE

O pasado venres puidemos disfrutar no noso centro do teatro de sombras chinas elaborado polos usuarios/as do Centro de Educación Especial.

Podedes facer clic na imaxe para ver o ben que o pasamos:

Deixamos o enlace a súa web para que poidades coñecelos/as un pouquiño máis:

http://sanrafaelvigo.org/

MAGOSTO INFANTIL 2016

O pasado día 15 de novembro celebramos o Magosto en Educación Infantil.  Divertímonos moito cos xogos populares e tradicionais que nos prepararon as mestras e os mestres:

1. O paracaídas

2. A culler

3. Tira da corda

4. Come-castañas

5. Aros musicais

6. As chapas

Cando rematamos "A castaña fixo "pum" e rebentou; Ai! Pobriña da castaña vaia golpiño levou..."

E para repoñer forzas botamos as castañas nos cestiños que fixeramos na aula e ... a comer!!!!!

 

 

Distribuir contido

RECURSOS EDUCATIVOS



by Dr. Radut