Blogues

Dentro dunha semana..."Laredo nun Día" vai Planificando!!!!

Dentro dunha semana, o 10 de Marzo de 2018, vos convidamos a que gravades nas casas un minuto de sentimentos: ledicia, amor, ira, medo, aburrimento, expectación, sorpresa...que acontezan nese sábado, tedes todo o día para facer unha gravación e enviala ao noso director Edwin Veras a través do correo laredonundia@ceipdelaredo.com.

Convocatoria Reunión Voceiros Infantís Concello Redondela (06/03-11:30h)

O concello de Redondela convoca aos voceiros/as do noso centro (Zoe Bóveda, Iria González e Antón Santos) para a xuntanza de seguemento con relación ao Plan Municipal da Infancia co motivo de consolidar un órgano estable de participación Infantil e coñecer as accións do concello sobre as demandas do alumnado no anterior pleno.

ANPA. Menú Marzo

Aberto o Prazo de Solicitudes admisión CURSO 2018-2019

Dende mañá 1 de Marzo 09:00 am ata o 20 de Marzo 14:00 pm as familias interesadas en matricular o seu fillo/a no centro deberán entregar a solicitude de admisión na secretaría do centro. 

Saída "Pergamiño Vindel" 3º+4º+5º+6º (01/03)

Este Xoves 01 de Marzo o alumnado de 3º+4º+5º+6º irá a visitar o Pergamiño Vindel  no Museo do Mar (Samil) despois de facer traballos de investigación durante o primeiro trimestre. Achegaranse a coñecer a devandita obra e todos os seus segredos.

Teatro "O sabor da aventura está no mar" Educ. Infantil+1º+2º+5º+6º (27/02)

O vindeiro Martes 27 de Febreiro realizaranse no centro 3 pases da obra de Teatro e dinámicas asociadas do "O sabor da Aventura está no Mar" que ten por obxectivos: 

24 de Febreiro Día de Rosalía de Castro!!!

 Descarga póster

Rosalía ALIVE - Conquistadores/ras do Galego!!!

Comezamos os "Calendarios Competenciais" 2018

Hoxe saen cara as casas os "Calendarios Competenciais" de Infantil e Primaria no que a Deputación de Pontevedra xunto co CRA Mestra Clara Torres ofrecen alternativas educativas diarias a realizar en Familia: Actividades en Inglés, Saídas, Visitas Culturais, Cancións, Adividiñas...que tocará facer hoxe en Familia...pois ben sinxelo...mira o día da semana que é e adiante!!!

Distribuir contido