Blogues

Saída Santiago Compostela EI 5anos+2ºEP+5ºEP (23/02)

Laredo

Este Venres realizaremos unha saída a Santiago Compostela (EI 5 anos+2ºEP+5ºEP ) a realizar varias actividades culturais:

Faladoiro: Prevención Drogodependencias e condutas saudables 6º EP (19/02)

Mañá Luns o alumnado de 6º EP terá a primeira sesión sobre prevención de drogodependencias, consumo e condutas saudables a cargo de Elvira Rivas, Psicóloga da Proxecto Érguete, dentro dun programa de educativo do concello de Redondela.

Participa na nosa Película "Laredo nun Día" 10/03/2018

Hoxe, 14 de febreiro, é un día especial cheo de emocións e por elo vos presentamos un proxecto de creación social dentro do traballo que ven desenvolvendo o noso centro coa Fundación Botín no eido da educación Emocional e a Arte: "LAREDO NUN DÍA". (Ver vídeo Promo)

O Proxecto "Donas do Código" 6º EP finalista no Proxecto Wisibilizalas!!!

O proxecto realizado pola titora de 6º EP, Paula Pérez,  e os seus alumnos/as foi un dos 3 seleccionados, de entre os 300 centros presentados a nivel nacional e latinoamericano, para pasar a rolda final do prestixioso Premio de Google + Universidade Pompeu Fabra "Wisibilizalas". Que pretende dinamizar a ciencia e as tecnoloxías nos perfís femininos visibilizando referentes nestes eidos.

Recordatorio disfraces alumnado 1º+2º

Lembramos ás familias de 1º+2º que tal e como se comentou en circular xa enviada, veñan vestidos da casa a ser posible con: 

  • Pantalóns Brancos.
  • Xersei Branco
  • Botas/zapatos forradas de prateado
  • Luvas Brancas.

Agradecemos a colaboración das familias.

Aviso: Pasarrúas Entroido 2018

Tras motivo da inestabilidade do tempo e das obras nas rúas do percorrido habitual do noso pasarrúas de entroido informamos: 

Pasarrúas Entroido 2018

Co motivo de facer o vindeiro 09/02 un día especial de entroido para o alumnado vos animamos a colabo-rar, como todos os anos, entregando no comedor do centro ese mesmo día pola mañá, unha pequena mostra dun postre relacionado con estas datas en:

• Filloas • Orellas • Flores • Rosquillas • Follados (Hojaldres) • Chulas

Distribuir contido