II Campionato Mundial de Robots "Laredroid" Primaria

Co motivo das dinámicas dentro do club de ciencias na sensibilización en materias STEM,  e a celebración do noso xa Reto Científico Nº2 2023, convócase no centro o II Campionato Mundial de Creación de Robots "Laredroid" de participación 4º e 5º de Primaria

O alumnado participante debe construír un robot partindo deste kit básico obrigatoriamente:

  • Un/Dous motores de 1,5V (dispoñibles en calquer ferretería)
  • Unha/Dúas pilas AA 1,5V
  • Dous cables de electricidade (unir a pila e o motor)

Partindo do mencionado deberase crear un robot con aqueloutras partes, engadidos, soportes....que consideredes...sempre con material de refugallo e ou similar e explotar as posibilidades dun motor, rotor e pila!!!

Debederase  enviar unha presentación (de non máis de 3 diapositivas) a ef@ceipdelaredo.com antes do 17 de marzo que teña as seguíntes premisas:

  • DESCRICIÓN DO PROBLEMA A RESOLVER
  • INVENTO
    • Nome do Robot
    • Utilidade (limpa, anda, pinta, peitea, fai a comida, bate....)
    • Instrucións de uso e posta en práctica
    • Funcionalidade e uso do que realiza, aínda que poden ser tipo "Chindogu"
  • SOLUCIÓN
    • Calidade da explicación no vídeo de non máis de 3 minutos do seu uso en Galego.

As presentacións realizaranse o 20 e o 23 de Marzo respectivamente.

 

 

VER PROXECTOS DE ANOS ANTERIORES

VER PROXECTOS ENVIADOS

VER SEMIFINALISTAS

VER FINALISTAS //