Mañá Mércores 05 de Febreiro o alumnado de 6º EP realizaremos un obradoiro de recollida selectiva de pilas, baterías e pequenos electrodomésticos. Puntos Limpos, plantas de reciclaxe, procedementos...unha enchenta de novos procedementos e termos para incorporar no noso ecovocabulario.
A Escola de Familias do CEIP de Laredo levará a cabo o vindeiro 18 de febreiro ás 17 horas, un faladoiro que leva por título:
Que deben saber as familias sobre as drogas? e que versará sobre a prevención das adicións ao alcohol e as drogas.
Achégase comunicado de axuda de libros de texto para o alumnado con Necesidades Educativas Especiais.
Procedemento:
Prégase revisar a presenza de piollos no alumnado.
No caso de atoparse coa presenza/infección dos mesmos, recomendase tomar medidas e deixar ao alumno na casa para minimizar o contaxio co resto do alumnado.
Grazas pola vosa colaboración.
Achégase información relativa a xuntanza do vindeiro día 23 de Setembro 2014:
Educ. Infantil 4 anos + Educ. Infantil 5 anos
O Concello de Redondela xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a ECU (European Chess Union) participa nun programa piloto de introdución do xadrez nos centros educativos co motivo de potenciar as competencias básicas do alumnado.
Por todo iso, o CEIP de LAREDO, oferta unha actividade extraescolar de maneira gratuíta a todos os alumnos/as de 2º ciclo a cal consideramos de interese para o seu fillo/a.
Circular enviada para a adenda do proxecto lingüístico do centro educativo 2014.
Axudas para Asociacións:
- Actividades musicais.
- Xerencia e infraestructuras de asociacións.
- Servizos sociais.