Mulleres de rompe, rasga, pinta e traballa!
Onte, 31 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, participou da actividade: “Mulleres de rompe, rasga, pinta e traballa” na sede de AFundación en Vigo.
A experiencia foi moi positiva. Os alumnos e alumnas desenvolveron un verdadeiro aprendizaxe significativo ao convertirse, nuns intres, en protagonistas das artes plásticas e artísticas. A partires dunhas información básicas e das súas investigación grupais, construíron os seus propios aprendizaxes elaborando dunha banda un artefacto tridimensional en movemento e doutra, descubrendo algunhas mulleres artistas galegas destacadas no ámbito da arquitectura e a pintura.
Quedamos moi satisfeit@s...!!