INÉS DOCAMPO GAMARRA: GAÑADORA NA SÚA CATEGORÍA DO CONCURSO "DEBUXA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

Inés Docampo Gamarra, alumna de 5º de primaria resultou gañadora na V edición do concurso "Debuxa unha xoia para o día da nai". Participaron máis de 8.000 nenos e entre os 80 finalistas, tres son da provincia de Ourense e unha delas foi  Inés co seu debuxo dun colar

!Queremos felicitala e darlle os noso parabens!

 

Aquí poñemos algunha foto da  entrega de premios e enlaces onde podedes ler a noticia.

Colexio Oficial de Xoiaría (Pincha aquí)

Noticia en "O Sil" (Pincha aquí)

Aplicación móbil para as familias: abalarMóbil

O CEIP Julio Gurriarán é centro piloto para probar a nova aplicación para teléfonos móbiles que poden utilizar as familias:"abalarMóbil":

 

Esta aplicación xa está activa no centro e pódese descargar dende Play Store (se o teléfono ten sistema operativo Android) ou dende a Apple Store (se é un iPhone). Despois de instalada, a aplicación solicitará sempre un pin para asegurar a privacidade do usuario.

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

Acceder aos datos persoais
Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
Consultar as faltas de conduta
Solicitar unha cita de titoría
Consultar os datos do centro educativo
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
Modificar o idioma da aplicación

Esta nova vía de comunicación será implantada máis adiante no resto dos centros educativos galegos.

Animamos aos pais e nais a descargar e instalar esta aplicación no seu teléfono móbil.

 

Na seguinte ligazón pódese acceder a máis información:

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil 

As instrucións para instalar e utilizar a aplicación "abalarMóbil" está nesta GUÍA PARA AS FAMILIAS.

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

SEMANA EDUCACIÓN VIAL PARA INFANTIL

Catalogación

 

CATALOGACIÓN CO PROGRAMA KOHA

 

 

 PREME NA IMAXE

CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL (CDU)

FUNCIONAMENTO KOHA (PREME AQUÍ)

 

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

ADXUNTO CALENDARIO ESCOLAR 2023-24 PDF

PLAN DE ORIENTACIÓN

PROXECTO PROA +

Powered by Drupal - Design by artinet