Skip to Content

Prensa dixital

Sofán News. Febreiro

Rematando febreiro, publicamos un novo número da nosa revista Sofán News! Neste caso con toda actualidade deste mes, novas entrevistas e xogos! Esperamos que vos guste!

Aproveitamos para recordarvos que tamén fixemos novos programas de radio (entrevistamos a Sabela, falamos sobre o día da paz, lemos a Rosalía...). Podedes escoitarnos na nosa canle de Ivoox. Os programas vanse incorporando no banner da marxe dereita da nosa web. Se non queredes perdervos ningún programa, subscribídevos á nosa canle!

SOFÁN NEWS. XANEIRO

Xa está aquí a revista máis esperada do CEIP Gándara-Sofán. Se queredes enterarvos de todas as noticias relacionadas co noso centro ou cos arredores, das entrevistas máis destacadas, das recomendacións literarias e culturais, os pasatempos e retos máis divertidos, e incluso do voso horóscopo mensual contado polos mellores reporteiros da volta, non vos perdades Sofán News!!! Cada mes sairá a luz un novo número!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut