try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

blogue deadmin

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado xoves 25 de novembro na clase de 1º de Educación Primaria estivemos facendo diferentes dinámicas para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Despois dun debate inicial sobre que é a violencia de xénero e os diferentes tipos fixemos unha actividade con catálogos de xoguetes, aproveitando que estamos moi próximos ao Nadal. Nalgunhas destas revistas, os xoguetes relacionados coa construción, os videoxogos ou os coches e as motos estaban acompañados de imaxes de nenos mentres que as cociñas, as bonecas e os carros do supermercado aparecían con fotos de nenas. Non obstante, o catálogo que máis nos gustou era aquel no que aparecían tanto nenos como nenas xogando co mesmo xoguete pois, tal e como falamos na clase, todos e todas podemos xogar a aquelas cousas que nos gustan xa que os xoguetes non teñen xénero. Para rematar a actividade, clasificamos as diferentes fotografías segundo os estereotipos de xénero que reflectían.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes!

  

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

CRITERIOS E INSTRUCIÓNS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

AS NOSAS LOCALIDADES

As nenas e nenos xeolocalizaron as súas localidades utilizando a aplicación" Google My Maps"

 

DÍA XOSÉ NEIRA VILAS

Celebramos o día de Don Xosé Neira Vilas con este video no que colaborarron todos os membros da Comunidade Educativa.

 

 

ACCESO AOS FONDOS DA NOSA BIBLIOTECA

No arquivo adxunto explícase como acceder aos fondos da nosa biblioteca.

AXUDA Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2020-2021

Nos arquivos adxuntos pódese atopar información sobre as axudas á escolarización para o curso 2020-2021, convocadas polo Departamento de Servizos sociais do concello da Estrada.

TEST DE AUTOAVALIACIÓN COVID-19

O documento adxunto é unha enquisa para que toda a comunidade educativa poida identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus. De presentar calquera destes síntomas non se deber acudir ao centro. 

LISTADO DE MATERIAL CURSO 2020-2021

O s arquivos adxuntos son as listas de material para primaria. As listas de infantil están nos dípticos da publicación anterior.

Distribuir contido