try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo
"O mellor faro para impedir que os pobos tropecen é unha escola"

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2021-2022

Nos arquivos adxuntos pódese atopar información sobre as axudas á escolarización para o curso 2021-22, convocadas polo Departamento de Servizos sociais do concello da Estrada.

LISTAXE PROVISIONAL DE REPARTO DE LIBROS DO FONDO E VALES

Están publicadas as listaxes provisionais de reparto de libros do fondo e vales. Poden consultar o estado do seu expediente acudindo ao Centro, chamando ao teléfono 620255288 ou accedendo á aplicación no menú "cidadáns".

Prazo de reclamación á listaxe provisional: Os días 7 e 8  de xullo.

Publicación da listaxe definitiva: O 9 de xullo.

Retirada dos vales no Centro: Os días 12,13,14 de xullo de 09:00 a 14:00.

LIBROS DE TEXTO CURSO 21-22

No arquivo adxunto pódense consultar os libros de texto para o curso 2021-2022

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2021

Nos arquivos adxuntos pódese atopar información dos campamentos para este verán.

RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

No documento adxunto podedes consultar algunhas recomendacións que o Equipo de mestras de infantil do Colexio queren facer chegar ás familias para ter unha boa adaptación do alumnado que comeza no colexio.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO:

O prazo para presentar o documento é do 20 ao 30 de xuño  de 9:00h á 14:00h no Colexio.

No arquivo adxunto pódese descargar o anexo .

SEMANA ESCOLAR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

No Ceip do Foxo realizamos diferentes actividades sobre os Camiños de Santiago, centrándonos no Camiño Primitivo, para celebrar a "Semana escolar dos Camiños de Santiago", proposta pola Xunta de Galicia.

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO CON MANOELE DE FELISA

O día 21 de abril dentro da semana da conmemoración do Día do Libro, desfrutamos dun concerto didáctico de Manoele de Felisa. Aquí podemos ver un video.

 

 

Distribuir contido