try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP do Foxo

1º de primaria

"OSO CORPO BRANCO E OS ANIMAIS MÁXICOS"

 

O alumnado de 1º de Educación Primaria, a partir da actividade de Digicraft “Os dados máxicos”, inventou e ilustrou o conto colectivo “Oso Copo Branco e os animais máxicos”. Podedes visualizalo no seguinte video.

EDUCACIÓN RESPONSABLE "REFLEJARTE"

O alumnado de 1º e 2º partiparon no proxecto de Educación Responsable no apartado de Reflejarte. estes foron os traballos realizados polo alumnado. Grazas ás familias pola súa participación.

"Os olores da miña casa"

 

 

 

 

I LOVE FRUITS

O alumnado de 1º de e.p.  está a traballar a comida nesta unidade. Aquí vos mostro unha presentación dunha actividade que fixemos na clase para traballar unha canción.

" Fruit song for kids" Singing Walrus.

Colmimos todas as froitas que saen na canción.

Yummy, yummy " It's delicious"

Espero que vos guste!!!!

LINK Á ACTIVIDADE

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado xoves 25 de novembro na clase de 1º de Educación Primaria estivemos facendo diferentes dinámicas para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Despois dun debate inicial sobre que é a violencia de xénero e os diferentes tipos fixemos unha actividade con catálogos de xoguetes, aproveitando que estamos moi próximos ao Nadal. Nalgunhas destas revistas, os xoguetes relacionados coa construción, os videoxogos ou os coches e as motos estaban acompañados de imaxes de nenos mentres que as cociñas, as bonecas e os carros do supermercado aparecían con fotos de nenas. Non obstante, o catálogo que máis nos gustou era aquel no que aparecían tanto nenos como nenas xogando co mesmo xoguete pois, tal e como falamos na clase, todos e todas podemos xogar a aquelas cousas que nos gustan xa que os xoguetes non teñen xénero. Para rematar a actividade, clasificamos as diferentes fotografías segundo os estereotipos de xénero que reflectían.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes!

  

Distribuir contido