25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Neste día, as nenas e os nenos de 6º curso de Educacion Primaria conmemoraron o 25 de NOVEMBRO, día internacional CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA, tema moi relevante no que aínda é preciso concienciarse. Fixeron carteis reivindicativos e analizaron as letras de cancións do momento como HAWÁI  de Maluma e a súa resposta de  Beatriz Luengo. Tamén se animaron a cantala!

SE QUERES ESCOITALOS PREME NAS IMAXES!

      

Ademais, hoxe, leron un MANIFESTO FEITO POR TODA A CLASE en contra da violencia de xénero.  Este manifesto foi lido por TAIS e BELTRAN en representación de todas/os as nenas e nenos do colexio nun acto organizado pola Concellería de Igualdade na praza do concello de Baiona.

SE QUERES ESCOITALO E VELO PREME NA IMAXE

 

 

POR FAVOR NON CALES, CONTAO!

AdxuntoTamaño
2f741853-423a-4eb3-bbd7-7d1e134aeb53.mp46 MB
61910a57-5b0e-429a-8dbe-f7a1d44e8b9d.mp49.58 MB
TAIS E BELTRÁN.mp446.85 MB
Drupal theme by Kiwi Themes.