bibliotecas

 

 

LENDO A CARLOS CASARES

Dentro das actividades que se están a realizar para festexar ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017, o luns 15 de maio, durante a Hora de Ler,  o alumnado de 6º de Primaria leron libros de literatura infantil de Carlos Casares ao resto dos grupos de Infantil e Primaria.

 

Estes son os títulos que temos na Biblioteca do centro de narrativa infantil:

  • «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas» (1973)
  • «O can Rin e o lobo Crispín» (1983)
  • «Lolo anda en bicicleta» (1996)
  • «Este é Toribio» (1991)
  • «Toribio contra o profesor Smith» (1991)
  • «Toribio e o contador de contos» (1991)
  • «Toribio ten unha idea» (1992)
  • «Toribio revoluciona o tráfico» (1994)

Ademais, contamos con dous exemplares de "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry, que foi traducido ao galego por Carlos Casares en 1972.