Igualdade

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu

una sesión de formación sobre

 diversidade sexual

da man de ANA,

mestra e titora LGBTIQA+ no IES Politécnico de Vigo e coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/28893

 

 

https://youtu.be/PnDgZuGIhHs

 

 Para conmemorar o 8M -Día Internacional da Muller-, cada aula plantou unha planta en honra a unha muller.

As mulleres que presentamos son:

Ernestina Otero

Frida Kahlo

Úrsula Hilaria Celia de la Caridad Cruz Alfonso (Celia Cruz)

Natsuko Shoji 

Greta Thunberg

Maya Angelou

Susana Rodríguez Gacio

Elena García Armada

Ellen Johnson - Sirleaf

Todas elas destacan nalgún ámbito: ciencia, música, cociña, deporte...

Ademais do traballo feito en cada aula, fixemos unha posta en común con todo o centro, onde o alumnado foi presentando a muller que lles tocou.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 8M

Polo día da Muller e a Nena na Ciencia recibimos a visita de dúas mamás do centro, Almudena e Vanesa, que nos mostraron algunhas das tarefas que realizan no seu día a día. 

Podedes ver as actividades que realizamos en fotos.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Día da Nena e da Muller na Ciencia

LUCAS ARCA TURRADO de 6º de Educación Primara deseñou a imaxe en contra da violencia cara a muller. 

E con ela realizamos un taller de chapas para todo o cole!

Grazas Lucas e grazas á toda a aula de 6º EP por axudar aos máis cativos no taller!

 

 

A finais do curso pasado realizamos un concurso na procura dun logo da igualdade para o noso CEIP.

O deseño gañador é o dun alumno de 5º de Educación Primaria:

ENZO CABALEIRO CAPERÁN

Noraboa e moitas grazas pola túa creatividade!

 

 

Grazas á Excma. Diputación de Pontevedra e a Asociación ADEC (Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural) podemos acceder ao libro: "MULLERES PODEROSAS. MULLERES PERIGOSAS"

Podes pinchar sobre a portada para ver ou descargar o libro completo ou acceder directamente a través do seguinte enlace:

https://www.adec-galicia.es/index.php/archivos/885

 

   O Ministerio de Consumo coa colaboración de Yolanda Domínguez  elaborou esta guía para a elección de xoguetes sen estereotipos sexistas.

Son múltiples os estudos que confirman a importancia do xogo como factor educativo e socializador durante a infancia. Xogar é aprender, ensaiar para a vida. Co xogo practícanse os roles que se desenvolverán e se agardarán dos demais no futuro. Un xogo ou un xoguete sen estereotipos sexistas, libre de restricións derivadas do que se supón que "é de nenos" ou "é de nenas", permite experiencias de aprendizaxe variadas e completas que son clave para o desenvolvemento intelectual, emocional e social pleno. 

Esta guía serve de apoio para que as decisións sobre os xogos e xoguetes que ofrecemos á infancia estén cada vez máis libres de prexuízos sexistas, informando de xeito documentado sobre as vantaxes de ofrecer aos menores opcións de xogo equilibradas e variadas. Para que, con elo, todas e todos poidamos contribuír a construír unha sociedade máis xusta, libre e igualitaria.

MINISTERIO DE CONSUMO

*CLICA NA IMAXE PARA LER A GUÍA*

 

 Para conmemorar o 25 de Novembro, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, o 2º curso do ciclo superior de Animación Sociocultural e Turística do módulo de Actividades de Ocio e Tempo Libre, impartido por Nuria Fernández Segade, profesora e vicedirectora do IES 1º de Marzo, estivo no noso CEIP impartindo un obradorio de chapas cos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria!

Acto seguido, noso alumnado de 5º de Educación Primaria impartiu o obradoiro cos alumnos e alumnas de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. 

Moitísimas grazas  a todas e a todos polo empeño e profesionalidade desenvolvidos!!!

Nuns días contaremos coa nosa propia máquina e realizaremos un obradoiro co lema elexido no CEIP en contra da violencia e o novo LOGO da IGUALDADE do CEIP Fontes Baíña.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 25 N 2022

     Título da canción: BOLBORETAS POLO VENTO

Autor: JOSE CARLOS GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

Ao piano:EVA FERNÁNDEZ REINALDO

O 25N CLARA CAMPOAMOR (Mónica Sueiro) visitou o cole para reflexionar co alumnado de 6º EP sobre o maltrato e os dereitos das Mulleres.

Clara Campoamor defendeu os dereitos femininos nas cortes españolas. Conseguiu que as mulleres tivesen dereito ao voto. Foi unha loita dura, demostrou que as mulleres teñen as mesmas capacidades que os homes, os mesmos dereitos a elexir.  Falamos de mulleres da historia como CLEOPATRA, ISABEL II, JUANA LA LOCA, NELLI BLY, SOPHIE  GERMAN, ROSA PARKS..., e tamén das mulleres iranís.

Se non se pode exercer a liberdade de nada nos serve. So sendo libres podemos aprender o que é a liberdade.

Grazas ao CIM  e a Concellería de Igualdade!

Álbum: Curso 2022-2023 -> MÓNICA SUEIRO
Distribuir contido
Drupal theme by Kiwi Themes.