Skip to Content

blogue de biblioteca

DÍA DO LIBRO. (4º EDUCACIÓN INFANTIL)

As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil celebramos o DÍA DO LIBRO traballando co fantástico conto sobre as emocións, "O MONSTRO DE CORES".

  (Preme na imaxe para ver o vídeo)

II EDICIÓN "AO AIRE LIBRO"

Dende a biblioteca queremos conmemorar o Día Internacional do Libro, realizando o vindeiro luns (se o tempo o permite) a II Edición da actividade “AO AIRE LIBRO”, e seguir gozando da lectura tamén, fóra das aulas.

 

A continuación, deixámosvos un entretido xogo de preguntas sobre diversos contos populares.

HÁBITO LECTOR (Educación Infantil e 1º de Primaria)

Dende a biblioteca seguemos fomentando tamén o hábito lector no ciclo de Educación Infantil e en 1º de Educación Primaria realizando diversas actividades relacionadas con contos infantís: Soños de neve, Guapa, Xogamos ás mans?, Os oficios de Xan, Lola e as 21 vacas, O día de Elmer, A Mochila invisible, Raios de Sol, O Paraugas de Cebra, Antón o rato, O Segredo de Flora, Tomás O Bromista, Caracol e Caracola, Un becho estraño…

Preme na imaxe

 

Programa "TAS OU NON TAS" 4.

O alumnado de 6º de Primaria continúa a traballar na recuperación da nosa fala, convidándonos a ver o capítulo 4 deste entretido programa.

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 3.

O noso alumnado de 6º de Primaria segue protagonizando e editando o programa "TAS OU NON TAS". A continuación podedes ver o Capítulo 3. 

EXPOSICIÓN DE LIBROS 8M. (DÍA DA MULLER)

Dende a biblioteca deixámosvos unha selección de libros sobre mulleres extraordinarias que coa súa traxectoria acadaron logros que cambiaron o mundo.

MARIÑATUR (25 DE FEBREIRO)

AQUÍ A MARIÑA. Programa informativo.

TELECOGULEO presenta....

Programa informativo "AQUÍ A MARIÑA", adicado a MARIÑATUR, no que interveñen o Presidente da Xunta e os alcaldes da nosa zona. Non o perdades!

(Preme na imaxe para ver o programa)

ÚLTIMA HORA. (Hoxe na Voz de Galicia)

ACONTECEMENTO HISTÓRICO: Don Felipe e Dona Letizia presidirán o acto de inauguración de Mariñatur 2022 o vindeiro 25 de febreiro, nas instalación do CEIP Fondo Nois. Os reis virán acompañados doutras autoridades competentes.

(Preme na imaxe para ler o xornal)

MARIÑATUR. (Vídeo promocional)

O vindeiro 25 de febreiro, inaugurarase a I EDICIÓN DE MARIÑATUR nas instalacións do CEIP Fondo Nois.

Estade atentos ás novas.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut