Skip to Content

blogue de Complementarias

Comp.: Fin de curso na praia

Para celebrar a fin de curso, todos os/as alumnos/as do colexio e os/as mestres/as baixamos á praia das Pólas para facer xogos na area.

Foi unha xornada moi divertida onde os/as cativos/as desfrutaron facendo castelos de area, muros de protección do mar, carreiras, xogos coa pelota, recollida de lixo, covas de area...

Deste xeito despedimos este curso cunha xornada de convivencia neste ámbito natural que temos tan preto do colexio.

Comp.: Percorrido Histórico-Xeográfico Cangas de Foz

Os alumnos e alumnas de 3º ata 6º, realizaron a pé un percorrido dende o Colexio ata a Igrexa de Cangas de Foz.

Pasaron preto da praia dos Xuncos, pola desembocadura do río Alemparte e chegaron ata a igrexa de Cangas.

Durante este traxecto, puideron observar a influencia do mar no terreo así como contemplar algúns dos instrumentos que se utilizaban para subir a olga dos acantilados.

Comp.: Saída ao Pico da Frouxeira

O xoves, 14 de xuño, os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Educación Primaria visitaron o Pico da Frouxeira (Santa Cilla, Foz).

Alí viron unha representación da historia do mariscal Pardo de Cela interpretada pola compañía "Queiman e Pousa".

Podedes ver as fotos premendo na imaxe. 

 

Comp.: Educación Infantil na panadaría Bahía

O mércores 6 de xuño, os alumnos e alumnas de Educación Infantil visitaron a panadaría Bahía en Foz. Alí puideron ver as instalacións da mesma, así como participar nun obradoiro de elaboración de pan.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Preme para ver a foto ampliada

Días Especiais: Festival Letras Galegas.

O pasado 16 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas.

Na sesión da tarde, todos os alumnos e alumnas do colexio participaron de diversas formas:

-   Interpretación de obras de teatro.

-   Cancións e bailes acompañados de instrumentos.

-   Actuación do Coro do noso colexio.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe de abaixo.

Días especiais: Teatro de monicreques Letras Galegas.

O día 16 de maio pola mañá, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado do colexio desfrutou dunha sesión de monicreques.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Preme para ver a foto ampliada

Comp.: Excursión a Mondoñedo. (De 1º a 5º de Educación Primaria)

O 9 de maio, os alumnos e alumnas de Educación Primaria (de 1º ata 5º) realizaron unha excursión a Mondoñedo.

Pola mañá visitaron a exposición de Puchades e participaron en dous obradoiros: un de estampado e  outro de oleiría.

Ademais, os alumnos e alumnas de 3º ata 5º, fixeron unha ruta por Mondoñedo cun guía.

Xa pola tarde, despois do xantar, tiveron unha sesión de títeres.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe de abaixo.

Comp.: Excursión Infantil: Granxa-Escola "Ría del Eo".

O 11 de maio os alumnos e alumnas de Educación Infantil visitaron a Granxa-Escola "Ría del Eo", situada en Castropol (Asturias). Alí estiveron en contacto con diferentes animais de granxa. Cada un dos nenos tivo a oportunidade de montar a cabalo.

Tamén participaron en dous obradoiros: Elaboración de pan caseiro e unha manualidade con material de refugallo.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Comp.: Plantamos no invernadoiro

A finais do mes de abril, os alumnos e alumnas de Educación Infantil comezaron a plantar no invernadoiro do colexio. Podedes ver as fotos premendo na imaxe:

Preme para ver a foto ampliada

Comp: Saída ao CENIMA.

O martes 17 e o mércores 18 de abril, os alumnos e alumnas do noso centro visitaron o CENIMA de Foz para ver a exposición da Semana das Artes. Ademais, realizaron diversas actividades relacionadas coa mesma. Podedes ver as fotos premendo na imaxe de abaixo.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut