Skip to Content

O Entroido no Flavia

O venres festexamos o Entroido. Foi un día moi especial onde nos disfrazamos, bailamos, comemos doces destas festas... Aquí podedes ver imaxes de como foi ese día.

 

VOLVE O ENTROIDO AO FLAVIA

VOLVE O ENTROIDO, E CON ÉL OS DISFRACES, AS MÁSCARAS E OS DESFILES!!

TEDES TODA A INFORMACIÓN NA NOTA ADXUNTA

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: COÑECE O NOSO COLE!

O martes 28 ás 16:45 ven a coñecer o noso cole. Agardamósvos!!

MANDADOS DO MECO ¡VIVA O ENTROIDO!

Xa está aquí o Entroido, e volven os mandados do Meco!

Bailamos o Día da Paz

O 30 de xaneiro todo o colexio estivemos celebrando o Día da Paz. Para iso, fixemos un baile. Mirade, mirade a nosa coreografía!!!

 

FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

A Mesa Local Contra a violencia de xénero (MLC) convoca as seguintes actividades formativas dirixidas ás familias e a calquera persoa interesada:

-Obradoiro "Educar en Igualdade" impartido por Jorge Marín, terá lugar o 28 de febreiro de 20:00 a 22:00 h. no Auditorio de Padrón.

-Xornada formativa ""Detección e prevención de suicidio"  o 17 de marzo ás 09:30 h. no local da asociación Andaina.

Agardamos que sexan do voso interese

Susa Herrera canta e baila con nós

O xoves 26 de xaneiro tivemos a sorte de contar con Susa Herrera e poder cantar con ela moitas das súas cancións. Aquí vos amosamos un pequeno resumo.

 

Día da Paz 2023 LIBRES PARA CONVIVIR EN PAZ

No colexio estamos preparando unha coreografía para o día da paz, aquí tedes o enlace se queredes practicar.

https://www.youtube.com/watch?v=qM8UxbD2kdc

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS ADMISIÓN 2023-24

Toda a información sobre a admisión nos arquivos adxuntos

A dirección

Celebrando o Nadal no Flavia

O día 22 de decembro estivemos celebrando o Nadal con ledas panxoliñas, comendo as uvas ao son das badaladas, e chocolate con churros... unha festa por todo o alto!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut