Skip to Content

Reunións coas familias de nova incorporación de Educación Infantil

  Para o comezo deste novo curso 23-24, a titora de 4º de Educación Infantil (3 anos) convoca ás familias de dito alumnado á primeira reunión de presentación o vindeiro xoves día 7 ás 10:30 no ceip Flavia.

  As familias de nova incorporación da aula de 6º de Educación Infantil (5 anos) terán tamén unha reunión coa súa titora ese mesmo día: xoves 7 de setembro ás 10:30.

ADMISIÓN COLABORADORES NO SERVIZO DE COMEDOR 2023/24

Está aberto o prazo ata o 8 de setembro para solicitar a colaboración voluntaria na atención ao alumnado usuario de comedor no curso 2023/2024. Poden descargar a solicitude nos arquivos adxuntos.

Anexo III: Solicitude.

Anexo IV: Aviso.

 

SERVIZO DE COMEDOR 2023/2024

Estimadas familias:

    Xa esta aberto o prazo para entregar a AUTODECLARACIÓN (Anexo II) coa que solicitar o servizo de comedor. Ata o 20 de xullo recollerase a documentación no colexio, en horario de 09:30 a 13:00 h.

    Deben presentar unha autodeclaración por cada alumno/a. Teñen dispoñibles os seguintes documentos adxuntos para descargar:

-Instrucción (lexislación)

-Anexo II (modelo de autodeclaración)

Un cordial saúdo

A dirección

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR: LISTAXES PROVISIONAIS

Estimadas familias:

Xa están publicadas as listaxes provisionais das solicitudes de libros de texto e material na entrada do centro escolar.

Lembramos tamén que o centro proporcinará os libros de texto a TODO o alumnado de 5º de E. Primaria.

Un sáudo 

A dirección

LISTADOS DOS LIBROS DE TEXTO

  Estimadas familias:

 poden consultar o listado dos libros de texto nos arquivos adxuntos.

A dirección

RECOLLIDA DE VALES para os libros e o material escolar

Poden consultar a data para a recollida dos vales para libros e material na nota adxunta

MARTA RIAL ABALO, 1º PREMIO DO CONCURSO DE DEBUXO "QUE É PARA TI A GARDA CIVIL?"

Que estupenda noticia! A nosa alumna de 5º B, Marta Rial Abalo gañou o 1º premio do concurso convocado pola Garda Civil, nada menos que unha viaxe en helicóptero... Un premio ao esforzo e ao traballo, que o debuxo era chulísimo. PARABÉNS!!! clica AQUÏ para ver vídeo deste evento.

SAÍDAS DE FIN DE CURSO

E xa nos achegamos á fin de curso! Unha das actividades favoritas do alumnado son as saídas lúdicas e didácticas nas que convivir e compartir bos momentos...Abride o artigo para ver as fotos.                                                                                                       

Saídas deportivas: Piragüismo

Un ano máis os alumnos do noso centro gozaron dunha xornada de iniciación ao piragüismo.

Distribuir contido


by Dr. Radut