Skip to Content

LISTAS DE MATERIAL POR NIVEL OU CURSO E. PRIMARIA

     Nesta entrada iremos publicando as listaxes de material escolar para os diferentes niveis ou cursos. Igualmente os titores informarán ao alumnado nas clases do material necesario para este curso 2023-24. Clicade en adxuntos para velos ou descargalos.

PRIMEIRO DÍA DO CURSO, IMOS ALÓ

   Agora sí, este luns día 11 de setembro comeza o novo curso escolar 2023-24! Comezamos con horario completo e cos servizos de transporte e comedor.

Reunións coas familias de nova incorporación de Educación Infantil

  Para o comezo deste novo curso 23-24, a titora de 4º de Educación Infantil (3 anos) convoca ás familias de dito alumnado á primeira reunión de presentación o vindeiro xoves día 7 ás 10:30 no ceip Flavia.

  As familias de nova incorporación da aula de 6º de Educación Infantil (5 anos) terán tamén unha reunión coa súa titora ese mesmo día: xoves 7 de setembro ás 10:30.

ADMISIÓN COLABORADORES NO SERVIZO DE COMEDOR 2023/24

Está aberto o prazo ata o 8 de setembro para solicitar a colaboración voluntaria na atención ao alumnado usuario de comedor no curso 2023/2024. Poden descargar a solicitude nos arquivos adxuntos.

Anexo III: Solicitude.

Anexo IV: Aviso.

 

SERVIZO DE COMEDOR 2023/2024

Estimadas familias:

    Xa esta aberto o prazo para entregar a AUTODECLARACIÓN (Anexo II) coa que solicitar o servizo de comedor. Ata o 20 de xullo recollerase a documentación no colexio, en horario de 09:30 a 13:00 h.

    Deben presentar unha autodeclaración por cada alumno/a. Teñen dispoñibles os seguintes documentos adxuntos para descargar:

-Instrucción (lexislación)

-Anexo II (modelo de autodeclaración)

Un cordial saúdo

A dirección

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR: LISTAXES PROVISIONAIS

Estimadas familias:

Xa están publicadas as listaxes provisionais das solicitudes de libros de texto e material na entrada do centro escolar.

Lembramos tamén que o centro proporcinará os libros de texto a TODO o alumnado de 5º de E. Primaria.

Un sáudo 

A dirección

LISTADOS DOS LIBROS DE TEXTO

  Estimadas familias:

 poden consultar o listado dos libros de texto nos arquivos adxuntos.

A dirección

RECOLLIDA DE VALES para os libros e o material escolar

Poden consultar a data para a recollida dos vales para libros e material na nota adxunta

MARTA RIAL ABALO, 1º PREMIO DO CONCURSO DE DEBUXO "QUE É PARA TI A GARDA CIVIL?"

Que estupenda noticia! A nosa alumna de 5º B, Marta Rial Abalo gañou o 1º premio do concurso convocado pola Garda Civil, nada menos que unha viaxe en helicóptero... Un premio ao esforzo e ao traballo, que o debuxo era chulísimo. PARABÉNS!!! clica AQUÏ para ver vídeo deste evento.

SAÍDAS DE FIN DE CURSO

E xa nos achegamos á fin de curso! Unha das actividades favoritas do alumnado son as saídas lúdicas e didácticas nas que convivir e compartir bos momentos...Abride o artigo para ver as fotos.                                                                                                       

Distribuir contido


by Dr. Radut