Skip to Content

Campaña de recollida de alimentos: mes de novembro

O noso centro en colaboración co IES Camilo José Cela estamos levando a cabo unha campaña para a recollida de alimentos.

Durante o mes de novembro estamos recollendo CACAO e CAFÉ.

II Encontros coas familias

Impreso para a xustificación de faltas de asistencia

Aquí vos deixamos o impreso que tendes que entregar cuberto no caso de que o voso fillo ou filla falte a clase. Deste xeito quedará correctamente xustificada a súa ausencia.

Lembrade que tedes 7 días para entregalo a partir da incorporacióndo alumno/a á clase.

Celebración do Magosto e o Samaín

Ola a tod@s!!!

Aquí podedes ver un resumo do que fixemos co gallo da celebración do Magosto e o Samaín. Esperemos que vos guste!!!

 

 

Calendario escolar 2017/18

Este é o calendario escolar 2017/18 definitivo para o presente curso. Se o queredes ver máis grande, clicade sobre él.

Reunión informativa cos titores e especialistas

Estimados pais/nais/titores legais:

Comunicámoslles  o calendario  das distintas reunións informativas do profesorado titor e especialistas para o presente curso.

  • 19 de setembro:

           De 16:00 - 17:00 h: EDUCACIÓN  INFANTIL

           De 17:00 - 18:00 h: 1º, 2º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Horario para o primeiro día de clase

O luns 11 de setembro comezamos as clases do curso 2017/18. Para este día o horario será o seguinte:

  • Alumnado de Educación Infantil de 10:30 a 12:30
  • Alumnado de Educación Primaria de 10:00 a 12:30

Agardámosvos!!!

Clase de zumba no Flavia

O luns comezamos a semana con moita enerxía: unha clase de zumba impartida por Eneida. Pero que ritmo temos no Flavia!!!

 

 

 

Listado libros de texto curso 2017-18

Para consultar os libros de texxto do vindeiro curso consultar arquivos adxuntos.

 

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

Nota informativa:

  • O centro publicará no taboleiro da entrada (19 de xuño) o listado de material (libros e cadernos de actividades) a utilizar para o vindeiro curso.
  • RECOLLIDA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria)

.          Prazo de entrega: do 12 ao 16 de xuño.

  • Aos solicitantes de fondos de libros de texto de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria (2017-2018):

            - Publicación de listaxes provisionais: 3 de xullo.

            - Datas de reclamación: 4,5 de xullo.

            - Publicación definitiva: 6 de xullo.

 

  • AOS SOLICITANTES DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA) E DE MATERIAL ESCOLAR (2017-2018):

           Entrega de vales: 4 de xullo de 11:00 a 12:30

           No suposto de recollelos unha persoa distinta ó pai/nai deberán traer unha autorización escrita.

           E en calquer caso é indispensable que traian o D.N.I.

 

IMPORTANTE:

  • TODO O ALUMNADO QUE NO CURSO 2017-2018 ESTEA NOS NIVEIS DE 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, O CENTRO FACILITARALLES TODOS OS LIBROS DE TEXTO, AGÁS OS CADERNOS DE ACTIVIDADES.
  • TODO O ALUMNADO QUE VAIA CURSAR 4º OU 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PODERÁ FACER A SOLICITUDE AO FONDO DE LIBROS, INDEPENDENTEMENTE DA RENDA, XA QUE SERÁN ASINADOS EN ORDE INVERSA A RENDA PER CÁPITA, ATA QUE SE AGOTEN AS EXISTENCIAS.

           (Os libros serán repartidos en setembro)

A DIRECCIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut