Como ben sabedes os cadros elaborados polo alumnado do Ceip Flavia están expostos ata o 5 de abril. O xornal La Voz de Galicia publica esta noticia o martes 2 de abril. Aquí o tendes. Clica enriba da imaxe e accederás á noticia.
O alumnado de 3º e 4º de primaria tivo a sorte de coñecer e interactuar coa escritora María Reimóndez, que é a autora do libro que estiveron lendo este segundo trimestre "O Segredo das froitas". Moitas grazas, María!!!
O venres 15 de marzo, os alumnos/as de 6º de Primaria foron coñecer as instalacións do Correo Gallego en Santiago de Compostela, aproveitando que era a semana da prensa. Esta actividade foi financiada polo Concello de Padrón.
Informamos que mañá, venres 8 de marzo, está convocada unha folga, motivo polo que a actividade docente pode sufrir algún cambio debido ao dereito á folga que os mestres e mestras do centro teñen dereito a exercer.