Skip to Content

Concurso Educando en igualdade

Os alumnos e alumnas de sexto participaron nun concurso de Educando pola igualdade. Aquí está o vídeo

 

Plan director: violencia de xénero

O martes 20 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria tivemos a sorte de contar coa participación da garda civil para falarnos acerca da violencia de xénero. Posteriormente, pola tarde, para aquelas familias interesadas, tamén puideron informarse acerca deste tema.

 

 

Somos xornalistas por un día!!!

O 14 de novembro os alumn@s de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 2º de Primaria fomos xornalistas por un día no Hostal dos Reis Católicos en Santiago. Iamos coa nosa acreditación e todo!!! Debaixo hai catro arquivos adxuntos para ver imaxes.

Os alumnos do instituto contáronnos un conto

O venres 9 de novembro os alumnos/as de 1º da ESO do Instituto Camilo José Cela viñeron a contarnos un conto aos nenos/as de Infantil. Foi moi entretido!!!

Campaña de recollida de alimentos

O xoves 8 de novembro os alumnos/as IES Camilo José Cela en Padrón viñeron a informarnos sobre unha campaña de recollida de alimentos que se desenvolverá ao longo do curso, para aquelas familias que queiran colaborar de xeito voluntario. A Fundación Amigos de Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro,  será a encargada de repartir estes alimentos entre as persoas e/ou familias que máis o necesitan. Durante este mes de novembro os alimentos que se recollerán serán  GALLETAS e CACAO.

Circular nº 1 para a elección dos representantes de nais e pais ao Consello Escolar

A continuación deixamos á vosa disposición a circular nº1 que foi enviada ás familias o 6 de novembro do 2018.

 

Aviso alerta metereolóxica

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará as 12:00/15:00 horas do martes día 6.11.2018 e prolongarase ata as 00:00 horas do día 7.11.2018

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou  a SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.

Proceso para as eleccións ao Consello Escolar

No presente curso 2018/19 hai unha renovación parcial do Consello Escolar. Para iso hai un calendario que deixamos á vosa disposición para que o consultedes. Clicade na imaxe e veredes o documento.

O Samaín e o Magosto no Flavia

O 31 de outubro estivemos celebrando o Samaín e o Magosto no noso colexio. Podedes ver un resumo deste día no seguinte vídeo.

 

 

 

Celebramos o aniversario de EF

O mércores 24 de outubro celebramos o aniversario da mascota da biblioteca do noso centro. Xa ten 6 anos!!! Parabéns, EF. Podedes consultar máis información no Blog da Biblioteca.

              

 

Distribuir contido


by Dr. Radut