Skip to Content

Actividades, Novas, Comedor, Solicitudes e Regulamentos

ASEMBLEA ORDINARIA XOVES 25 MAIO 2017

 

 

Estimadas familias, pola presente convócaselles a asemblea ordinaria que terá lugar o Xoves 25 de maio de 2017, ás 19:30h en primeira convocatoria e ás 20:00h en segunda convocatoria.

 

Orde do día:

1.- Saúdos e benvida

2.- Balance de contas do curso 2016-2017

3.- Comedor

4.- Actividades extraescolares: avaliación e novas propostas.

5.- Actividades festivas e excursións.

6.- Cambios na xunta directiva da ANPA.

7.- Varios, despedida e peche.

 

Pregamos a súa asistencia, xa que consideramos os temas a tratar de suma importancia.      

                              

                       A ANPA                               

 

 Brexo-Lema, Cambre, a 16 de maio do 2017

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Saúdos, familias:

 

            Pola presente comunicámosvos que a semana do 30 de Maio ó 5 de Xuño, co obxectivo de que podades ver o desenvolvemento do alumnado nas diferentes actividades extraescolares,  terán lugar as xornadas de portas abertas nas actividades que teñen lugar no colexio, no seu horario habitual de 16:30h a 17:45h.

As portas abertas de piscina serán o venres 16 de xuño, en horario de 18:30 a 19:15 (lembrade  traer as chanclas)

 

            Agradecendo a atención a presente, despídese atentamente

            A  ANPA

 

Brexo – Lema, 18 de Maio de 2017

CIRCULAR PATINAXE (GRUPO DOS MARTES)

DATA: DOMINGO 30 ABRIL DE 2017

HORARIO DOS NEN@S: 16:00 (para prepararse, prégase puntualidade)

COMEZO DAS ACTUACIÓNS: 17:00

LUGAR: PAVILLÓN DO ESPIÑO - CARRAL

O pavillón abrirase ao público ás 16:30, antes non se abrirán as portas.

NON SE PODE ACCEDER Á ZONA DA EXHIBICIÓN ATA QUE REMATE POR COMPLETO O ACTO.

RECOMÉNDASE LEVAR AUGA E ALGO DE ABRIGO PARA OS MOMENTOS NOS QUE NON ACTÚEN.

Lembrade que os/as participantes deben acudir ca indumentaria, os patíns xa os poñen no pavillón.

Vestiario que terán que levar os nen@s nas exhibicións de abril e xuño:

- Camiseta branca

- Mallas “leggins” negras ou pantalón elástico negro

- Fundas patíns negras

- Sombreiro branco (con abelorios)

- Guantes brancos (se é posible con abelorios)

Grazas pola vosa colaboración

Distribuir contido


by Dr. Radut