Skip to Content

Blogues

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.

"En abril, libros mil".

Como cada 23 de abril celebramos o "Día mundial do libro" e o día do "Dereito de autor" promovidos pola Unesco dende 1996.

Nesta data recordamos a coincidencia da morte dos escritores Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, (aínda que Cervantes falleceu o dia 22 e foi enterrado o 23).

Alumnado e profesorado implicámonos na búsqueda dunha frase do noso libro favorito que sirve para darlle unha nova utilidade ás nosas escaleiras.

MOBILIARIO NOVO

A Conselleía enviou mobiliario novo para a nosa biblioteca. Cada día máis bonita e acolledora!

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.

"María e eu", "Bambi el koala", "Diego en la botella", xunto a "El curioso incidente del perro a medianoche", este xa para maiores de 16 anos, son recomendacións para acercarnos un pouco máis a estas pesoas que se enfrentan a numererosas barreiras á hora de disfrutar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.

OLA PRIMAVERA, OLA POESÍA

O día 21 de marzo celétrase o "Día Mundial da Poesía", decisión aprobada pola UNESCO en París en 1999.

No noso cole aproveitamos a chegada da primavera para dar tamén a benvida á poesía e así lembramos a dous grandes poetas: RUBÉN DARÍO e GLORIA FUERTES, dos que se celebra o 150 e 100 aniversario do seu nacemento.

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Como ven sendo habitual nos últimos anos no noso centro, o 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro.

Nesta ocasión queremos celebrar o nacemento da poetisa fai 179 ano recordando a súa obra "Cantares Gallegos".

Dede educación infantil ata sexto de primaria ilustramos algún dos seus poemas.

Curros Enríquez dedicoulle á poetisa maios de Galicia uns fermosos versos : "Do mar pola orela" que con música de Luis Emilio Batallán e cantado por Uxía amenizaron a entrada ao colexio durante esa semana.

NOVA REVISTA NA BIBLIOTECA

Desde o mes de xaneiro temos unha nova revista na biblioteca, "O papagaio", publicación mensual que presenta a editorial Moito Conto, e que está pensada especialmente para as escolas. Escrita en galego e a toda cor, ten seccións dedicadas A ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, cultura, integración e banda deseñada.

Pasade a velas...tamén as podedes levar para casa.

 

VISITA DO MOUCHO

Unha vez máis o "Moucho" encheu a biblioteca de expectación e risas cos seus "Contos de Ratiños" e "Sopa de Ratos".

O alumnado de educación infantil e primeiro de primaria, ademáis de pasar un bo intre, recibiron en  préstamo un lote de libros para cada clase.

Moitas gracias Moucho.

IN MEMORIAM AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Comezamos o mes de febreiro cunha pequena homenaxe ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz,mestre durante máis de trinta anos en educación primaria e secundaria.

É un dos escritores máis recoñecidos no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega e internacional xa que algunha das súas obras foron traducidas a varios idiomas.

VISITA DA ILUSTRADORA XULIA VICENTE

No mes de xaneiro e para pór o broche a exposición do "Cómic", recibimos a visita da ilustradora de Cambre Xulia Vicente.

Contaxiounos o seu entusiasmo polo mundo dos cómics.

Aprendimos con ela unha chea de cousas moi interesantes.

Antes de marcharse adicounos o seu libro "Ari cazador de dragones", do que xa temos un exemplar na biblioteca do cole e tamén, como non, unha ilustración que fixo nun momento e que pronto decorará as nosas paredes.

Moitas gracias Xulia.

UN TEATRO DE CÓMIC

 

Os rapeces e rapazas de 4º achegaron o cómic ao festival de Nadal coa súa divertida obra de teatro na que recoñecimos a un montón de persoaxes: Axtérix, Obélix, Mortadelo, Filemón, Ofelia..... 

Distribuir contido


by Dr. Radut