Skip to Content

Blogues

LETRAS GALEGAS

O venres 23 de maio,como fin de festa das letras galegas,un pouco de todo:teatro,poemas de Díaz Castro,cancións,teatro de sombras,entrega de premios do concurso de marcapáxinas e, como peche, interpretamos todos xuntos o Himno Galego.

MONÓLOGOS

Esta xoves recibimos a visita dos papás e as mamás que viñeron a facer un monólogo na escola co gallo da semana das letras galegas.

Dámoslles as gracias a Anxo,o papá de Alexandra,Eva a mamá de Sara,Estíbaliz,a mamá de Aldán e a Martín, o irmán de Álvaro. Fixéronnos rir un montón.

 

 

VISITA DO MOUCHO

Este luns,18 de maio,recibimos a visita do Moucho.

Coma sempre arrancóunos unha chea de sorrisos cos seus contos.

Tamén agarimounos coas suas retaílas.

Podedes ver máis fotos na galería.

CONTACONTOS

Os nenos e nenas de 4º de Primaria viñeron a contarnos contos. Fixérono moi ben! Os nenos e nenas de Infantil estiveron moi atentos.

 

 

TORRES

Aprendemos tantas cousas sobre os castelos que ,mirade que torres tan bonitas somos capaces de facer!

!

 

MARCAPÁXINAS

Este ano,os nenos e nenas de educación infantilparticipan nun concurso de marcapáxinas,que ten como tema o día do libro.

E como no mes de maio celebramos as letras galegas,recordamos escritores que conseguiron que a nosa lingua non se esqueza.

 

ATENCIÓN EDUCATIVA

Mirade que manulidades máis bonitas fan os nenos e nenas de Atención Educativa!

 

 

 

 

 

CONTACONTOS

Os nenos e nenas de 3º de Primaria estiveron na clase de 6º de Educación Infantil e contáronnos varios contos. Fixérono moi ben e os nenos e nenas de Infantil estiveron moi atentos. Esperamos que volvan outro día!

 

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN

O martes 8 saímos ao Castelo de San Antón, á Torre de Hércules e á Ponte Romana do Burgo. Aprendimos moitas cousas e pasámolo moi ben. Foi moi divertido! Se queredes podedes ver máis fotos na galería.

       

       

 

 

 

CONTACONTOS

Os nenos e nenas de 2º de Primaria contáronlles contos aos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil. Todos se divertiron moito!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut