Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O venres 20 de xuño tivemos o festival de fin de curso, os nenos e nenas participaron en diversas actividades. Os alumnos e alumnas de 5 anos bailaron a canción " Eva María se fue" Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos participaron na actividade de patinxe e de ximnasia rítmica. Fixérono moi ben!  Feliz verán para todos!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANIVERSARIOS DO VERÁN

O xoves 19 de xuño celebramos os aniversarios do nenos e nenas que cumplen no verán. Moitas grazas ás familias polas preciosas tartas que fixestes. Sodes uns artistas! Felicidades para todos os nenos e nenas! Mirade que bonitas quedaron as tartas e o ben que o pasamos!

 

 

 

 

 

 

 

GRADUACIÓN DE 5 ANOS

O martes 17 de xuño celebramos a graduación dos nenos e nenas de cinco anos. Foi moi emotivo velos saír cos seus birretes e recibir a súa orla. Despois celebramolo cunha pequena merenda no comedor e xogando no patio. Pasamolo moi ben! Moitas grazas aos pais e nais pola súa colaboración! Felicidades a todos e todas. Mirade que guapos están!

 

 

 

 

ENTREGA PREMIOS MICRORRELATOS

O pasado venres 13 de xuño entregáronse os premios aos mellores microrrelatos do concurso que, dende o equipo de biblioteca, convocouse en homenaxe a Juana Yáñez, e que leva o seu nome.

Tamén recibiu unha mención especial a mestra e o alumnado de 4º de primaria pola elaboración dun xornal.

 

MESTRAS E MESTRES POR UN DÍA

O venres 6 de xuño os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I subimos á clase de 5º para darlles unha pequena lección de historia. Contámoslles todo o que sabiamos de Roma e cantámoslles a canción de entroido. Os rapaces e rapazas de 5º estiveron moi atentos. Foi divertido! Mirade que guapos estamos!

               

 

 

 

 

MAN, O ALEMÁN DE CAMELLE

O pasado venres 30 de maio os nenos e nenas de 6º de Primaria, baixaron ás clases de Infantil para contarnos a historia de Man o alemán de Camelle. Gustounos moito e fixérono moi ben!

 

 

 

 

 

 

MARCELLE

 

O luns 26 de maio fomos de excursión a Marcelle. Alí viven moitos animais, canguros, linces, lobos, llamas, cebras, réptile, avestruces...

Os nosos monitores ensináronnos moitas cousas dos animais e sobre todo aprendemos a tratalos con respecto. Pasamolo moi ben!

Cando montamos no autobús, estabamos tan cansos que moitos nos durmimos! Hai máis fotos na galería.

 

 

 

 

 

O CASTELO DE CELA

Mirade que bonito quedou o colexio, realmente parece un castelo!

>

LETRAS GALEGAS

O venres 23 de maio,como fin de festa das letras galegas,un pouco de todo:teatro,poemas de Díaz Castro,cancións,teatro de sombras,entrega de premios do concurso de marcapáxinas e, como peche, interpretamos todos xuntos o Himno Galego.

MONÓLOGOS

Esta xoves recibimos a visita dos papás e as mamás que viñeron a facer un monólogo na escola co gallo da semana das letras galegas.

Dámoslles as gracias a Anxo,o papá de Alexandra,Eva a mamá de Sara,Estíbaliz,a mamá de Aldán e a Martín, o irmán de Álvaro. Fixéronnos rir un montón.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut